O PORRIÑO
O deseño de Carmen Sebastián ilustrará o Entroido do Porriño 24
Carmen, de 8 anos e alumna do CPR Hermanos Quiroga, impúxose no III Concurso Escolar de carteis do Entroido
O Entroido do Porriño xa ten cartel! O Concello deu a coñecer hoxe o cartel oficial do entroido porriñés deste ano. O deseño de Carmen Sebastián Díaz foi o elexido polo xurado do III Concurso Escolar de carteis do Entroido 2024. Carmen ten 8 anos e é alumna de segundo curso de primaria no colexio Hermanos Quiroga, e foi alí, rodeada dos seus compañeiros e compañeiras onde recibiu a noticia. Entre bagoas de felicidade, como ela misma as definiu, e os abrazos e aplausos dos seus amigos e amigas festexou xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, e os membros do xurado que o seu deseño representará ás festas da vila e ela subirá, xunto cos pregoeiros de Afaga, ao balcón da Casa Consistorial.
“Foi dificilísima a elección porque houbo unha ampla participación e a calidade e orixinalidade das propostas foi moi elevada, pero o deseño de Carmen impúxose entre todos eles”, explicou o rexedor, “As súa emoción e ledicia por ser parte importante destas festas tan nosas o vale todo, merecido recoñecemento”.
O xurado composto polo rexedor e os artistas locais Juáncho, Nuria Vilanova, Nito Pereiro e Chelo Rodríguez, premiou tres deseños en cada unha das categorías. Todos eles recibirán un lote de material escolar e ademais estarán no pregón.
Os premiados nas tres categorías foron:
CATEGORÍA 1: DE 6 A 8 ANOS
1º premio: Carmen Sebastián Díaz (CPR Hermanos Quiroga)- CARTEL GAÑADOR ABSOLUTO
2º premio: Johan Villasboa (CPR Hermanos Quiroga)
3º premio:: Icía Regueiro Pintos (CPR Hermanos Quiroga)
CATEGORÍA 2: DE 9 A 12 ANOS
1º premio: Lucas Rodríguez Rodríguez (CEIPP Antonio Palacios)
2º premio: Naira Domínguez Domínguez (CPRHermanos Quiroga)
3º premio, premio: Xabier Lorenzo Cardoso (CEIPP Antonio Palacios)
CATEGORÍA 3: DE 13 ANOS EN DIANTE
1º premio: Xiana Teijeiro Ramilo (CPR Santo Tomás)
2º premio: Mara Vicente Núñez (CPR Hermanos Quiroga)
3º premio: Carla Marques Vaquero (CPR Santo Tomás)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141