Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 05 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos ofrece asesoramento na tramitación de inscrición dos curráis avícolas

Desde a o departamento municipal de Medio Ambientre informarase e asesorarase á veciñanza neste senso os mércores de 9 a 14 horas

Desde a concellería de Medio Ambiente do Concello de Mos, infórmase de que se habilita no departamento municipal un servizo de atención á veciñanza para axudarlles na tramitación da inscrición dos seus exemplares avícolas no Rexistro de Explotacións Avícolas de Autoconsumo da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Estará operativo todos os mércores en horario de 9 a 14 horas o devandito servizo para a inscrición dos curráis avícolas no Rexistro oficial. Inscrición que se fai necesaria pola imposición dunha normativa estatal (o Real Decreto 637/2021 do 27 de xullo).

 

 

En Galicia existe un elevado número de explotacións avícolas de autoconsumo (unhas 50.000, o que supón unha estimación de arredor do 50 % do total de España).

 

Trátanse, os núcleos que deben ser inscritos, dos currais que crían aves para consumo familiar e que non comercializan nin aves nin os seus produtos. A inscrición debe formalizarse no rexistro xeral de explotacións gandeiras.

 

Con esta disposición do Goberno Central, calquera curral familiar de autoconsumo debe rexistrarse, para o que o seu titular pode acudir á administración local mosense para que lle asesoren e axuden na tramitación, xa que desde o Concello enténdese que esta nova medida pode resultar descoñecida e confusa para a veciñanza mosense que conta con currais de aves nos seus domicilios.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.