PONTEAREAS
O 8 de febreiro finaliza o prazo de inscrición para participar no concurso do cartel do Corpus Christi do 2024
Pode presentarse calquera persoa física, individual ou en equipos, maiores de 18 anos
As persoas que desexen presentar as súas propostas para o concurso que escollerá o cartel do Corpus Christi deste ano dispoñen ata o próximo 8 de febreiro para formalizar a súa solicitude. Deberán entregar os traballos no rexistro de entrada do Concello e para garantir o anonimato, estarán asinados baixo un pseudónimo. O certame está dotado cun premio de 1.000 euros.
Poderá participar calquera persoa física, individual ou en equipo, maiores de 18 anos cun máximo dunha obra de creación propia, orixinal e inédita e cunha técnica libre. A temática deberá estar relacionada coa festividade do Corpus Christi e os seus tapices florais así como cos materiais que se empregan, trazados ou deseños, entre outras cuestións. O tamaño dos carteis que se presenten será en A3. Pódese consultar máis información sobre as bases na páxina web do Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60