Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 04 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

Mos recupera o seus costumes tradicionais co proxecto EntroideaMos de Ismael Pato

O mosense de 4º da ESO imparte en Primaria un Obradoiro sobre o Entroido tradicional mosense

Pese á súa curta idade Ismael Pato, alumno de 4º curso da ESO, xa conta cunha vocación e unhas dotes docentes e de investigación asombrosas. Durante toda esta semana estivo a impartir o seu Obradoiro EtroideaMos nos 5 colexios de Educación Infantil e Primaria de Mos, da man da concellería de Cultura e dentro do programa de actividades no horario lectivo organizado polo Concello de Mos.

 

 

Isma imparte o seu Obradoiro á cativada de Primaria compartindo con eles o seu coñecemento sobre o Entroido tradicional e a súa sabedoría. Durante as sesións desta semana Pato recibiu a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e a edil de Educación, Julia Loureiro.

 

EntroideaMos é un proxecto de divulgación cultural dos diversos entroidos galegos, entre eles o de Mos, que nace do traballo de investigación de Ismael Pato, alumno de 4º da ESO do IES de Mos. A idea de Isma é a de ENTROIDEAR, INVESTIGAR, RECUPERAR E DIVULGAR.

 

Este é un proxecto que nace no 2023 e que continua en constante crecemento, contando coa colaboración de moitas das asociacións dos diferentes entroidos da comunidade como a asociación etnográfica A Merdeira, de Vigo; MUGAE, Museo Galego do Entroido, Asociación Cultural de Cobres, Os Labregos de Trives…

 

Proxecto Currumiño: O Entroido tradicional mosense

 

Dentro do EntroideaMOS está o proxecto Currumiño, que ten como obxectivo recuperar a figura do Entroido tradional de Mos, o que supón unha forte estratexia organizada para a recuperación da tradición mosense e o inicio da investigación ao respecto na zona. Figuras como o Currumiño hai en toda Galicia, pero a tradición que levaba a cabo esta personaxe era común de Mos e arredores.

 

“A xente maior será unha parte fundamental do proxecto de documentación. Outra parte importante será a dos nosos centros culturais para que entre todos nos axuden a preservar unha tradición”, explica Ismael Pato. “Recuperar o noso Currumiño de Mos” continúa Isma, “ao igual que xa existen os Merdeiros de Vigo, os Madamas e Galáns de Cobres, Madamas e Galáns de meira, Madamas e Galáns de cabeiro, Mudados de Ribadetea, Cacharelos de Lalín, Xenerais Da Ulla… significará que a xente coñeza as nosas tradicións e as nosas raíces, e sepan diferenciar entre o carnaval e o entroido, este último en risco de desaparecer. Mos é un Concello cultural, aberto, colaborativo para poder traballar en talleres que acheguen á veciñanza a nosa figura a través de libros, redes sociais, follas informativas, charlas, proxectos audivisuais, creación de grupos de currumiños polas parroquias en tempo de Entroido”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.