Galicia
Paula Prado acusa a BNG e PSdeG de financiar unha manifestación co único obxectivo de desprestixiar a sanidade pública galega
Lembra que o gran problema é a falta de médicos e salienta as medidas postas en marcha polo Goberno galego ante a falta de resposta do Goberno de Pedro Sánchez
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, acusou hoxe a BNG e PSdeG de financiar unha manifestación “que o único que pretende é desprestixiar a sanidade pública galega e aos seus profesionais”. Neste sentido, lembrou que “o gran problema da sanidade española, non só da galega, é a falta de médicos” e salientou as medias postas en marcha polo Goberno galego para paliar este déficit de profesionais “ante a falta de resposta do Goberno de Pedro Sánchez ás demandas das comunidades autónomas”.
Unhas declaracións que realizou antes de participar nunha comida-mitin en Mos –xunto ao presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, e a alcaldesa Nidia Arévalo– e xusto un día despois do gran acto electoral que congregou onte na Praza de Touros de Pontevedra a máis de 13.000 persoas. “Serviu para dar ánimo e forza para seguir pedindo o voto e que Alfonso Rueda consiga a súa primeira maioría absoluta”, apuntou ao respecto.
![[Img #86777]](https://xornal21.com/upload/images/02_2024/4715_gf1.jpg)
“Fronte a ese acto, hoxe temos aos partidos da oposición encabezando unha manifestación que só pretende obter réditos electorais desprestixiando a nosa sanidade pública e desprezando aos seus profesionais”, sinalou Prado. Fronte a esta mobilización política, lembrou que o orzamento do Goberno galego destina este ano máis de 5.000 millóns de euros a sanidade, o que supón 1.400 millóns de euros mais que o goberno bipartito de socialistas e nacionalistas. Así mesmo, o SERGAS conta na actualidade con 7.000 profesionais máis que daquela.
Neste sentido, a secretaria xeral dixo que “somos conscientes de que hai momentos de tensión na sanidade pública porque non hai médicos para substituír aos profesionais que collen unha baixa ou as vacacións que lles corresponden”. Unha situación ante a que, subliñou que “a Xunta está a poñer máis cartos que nunca e levando adiante medidas innovadoras a nivel estatal, como a concesión de prazas fixas sen exame aos médicos que aposten por prazas de difícil cobertura de atención primaria”.
CAMPAÑA EN POSITIVO
Paula Prado subliñou que desde o PPdeG van facer “unha campaña electoral en positivo, poñendo enriba da mesa as nosas propostas para que Galicia siga funcionando con Alfonso Rueda á fronte”.
En concreto, tendo en conta que o acto se celebraba en Mos, lembrou que “estamos nun pobo marcadamente industrial, que nos últimos anos ten vivido momentos moi difíciles para a supervivencia de empresas e o mantemento de postos de traballo”.
“No PPdeG somos conscientes da importancia de contar con gobernos solventes e con iniciativa para poñer en marcha medidas que fagan atractivo o noso territorio para o mantemento das empresas existentes e a chegada de novos proxectos industriais que queiran establecerse en Galicia e crear postos de traballo”, apuntou.
Así, manifestou que “está sendo moi difícil saír desta situación porque hai empresas que dependen de fondos europeos que o Goberno de Sánchez ten retidos en Madrid, desoíndo as demandas realizadas polo propio presidente Rueda para que se mobilicen estes fondos europeos e facilitar a instalación de empresas en Galicia”.
A secretaria xeral criticou “a compracencia de nacionalistas e socialistas galegos co Goberno de Sánchez, votándolle a todo que si, incluso aquelas cuestións que son directamente prexudiciais para Galicia, como a condonación de 15.000 millóns de euros de débeda a Cataluña, que supón 400 euros por cada galego”.
Para rematar, Paula Prado pediu un esforzo a militantes e simpatizantes do PPdeG, e que ninguén se confíe e pense que está todo feito para que Rueda siga como presidente: “Hai que encher as urnas con votos do PPdeG, porque Rueda merece a súa primeira maioría absoluta, e co apoio, axuda e empuxe de todos o imos conseguir”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149