Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 06 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas perde unha subvención de algo máis de 33.000 euros pola "nefasta xestión" do anterior goberno

Juan Carlos González explica que coa achega, apostábase pola mobilidade eficiente cun vehículo híbrido que emprega o servizo da Policía Local

O Concello perde unha subvención valorada en algo máis de 33.000 euros por mor da nefasta xestión do anterior goberno. A ineficacia e a falta de compromiso coas arcas municipais dos últimos mandatos fan agora que a administración local teña que asumir esta contía coa que se renovou o parque móbil da Policía Local.

 

 

Co obxectivo de que os axentes realizaran o seu labor de vixilancia e protección dunha maneira máis eficiente, o goberno galego cofinanciaba as cotas do sistema “renting” dun vehículo híbrido dentro da liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental. O compromiso que adquiriu a administración local, liderada entón polo BNG, para recibir esta subvención foi o de adxudicar o contrato para a adquisición do coche antes do 31 de decembro do 2022. Con todo, o contrato non se adxudicou ata o 11 de xaneiro e non se formalizou ata o día 17 de xaneiro de 2023.

 

Deste xeito, por mor do incumprimento dos prazos que recollía a liña de axudas da Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, o Concello perde esta achega de 33.600 euros coa que se adquiriu un vehículo híbrido que empregan os axentes da Policía Local e deberá asumir agora a totalidade da contía.  

 

Neste sentido, o tenente de alcalde, Juan Carlos González, indica que “a nefasta xestión do anterior goberno, fai que o Concello perda unha subvención necesaria para fortalecer os servizos que se ofrecen á cidadanía” e apunta que “temos que asumir un novo gasto por mor da ineficacia do anterior executivo local”. Con todo, insiste en que “malia os atrancos que nos atopamos, derivados da nula capacidade de traballo dos anteriores mandatarios, continuaremos apostando polo fortalecemento da Policía Local xa que a dotaremos de novos axentes e recursos que se sitúen á altura das necesidades dos veciños e das veciñas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.