Viernes, 06 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 05 de Marzo de 2026 a las 22:44:28 horas

Xornal21.es
Lunes, 05 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Lonza Biologics Porriño dona 10.000 mascarillas ao Concello para distribuír a entidades sociais

Os destinatarios deste material serán a Unidade Asistencial de Drogodependencias do Porriño (UAD), a Unidade de Atención Diurna de AFAGA Alzheimer no Porriño e o Centro residencia das Esclavas de las Virgen Dolorosa

A empresa Lonza Biologics, con sede no Porriño, doou ao Concello do Porriño 10.000 mascarillas quirúrxicas para entregar a entidades sociais da contorna. A biotecnolóxica quere contribuir con este xesto a recoñecer o importante labor social que desenvolven estes entes e a súa inestimable contribución á sociedade porriñesa.

 


Os destinatarios deste material serán a Unidade Asistencial de Drogodependencias do Porriño (UAD), a Unidade de Atención Diurna de AFAGA Alzheimer no Porriño e o Centro residencia das Esclavas de las Virgen Dolorosa. Todas elas entidades que, pola súa natureza, precisan deste material de protección no seu día a día.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, recibiu o material doado da man do director xeral de Lonza Biologics Porriño, Fernando Rodríguez. No acto de entrega participaron tamén a directora de RRHH e a responsable de compras da bioteconolóxica,  María Santos e Soledad Sampedro, respecitvamente; os concelleiros Teresa Veloso e Marcos Martínez; María José Sentí, representando á UAD do Porriño; Levi Olivares e Ángeles Iglesias, das Escravas da Virxe Dolorosa, e Diana Rodríguez, directora da Unidade asistencial de Afaga no Porriño.


“Dende o Concello queremos agradecer este xesto de Lonza, que demostra a súa implicación coa veciñanza do Porriño e  a súa contribución social”, apuntou o alcalde, “Lonza é sen dúbida un dos buques insignia da nosa industria, non soamente polos máis de 500 empregos directos que xenera a súa planta de producción e os miles indirectos nas auxiliares, senón tamén pola súa responsabilidade social”. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.