LIBROS
As librarías galegas conmemoran o Día de Rosalía
Entre o 6 de febreiro e o 3 de marzo, as librarías asociadas agasallarán aos lectores que merquen un libro en galego cunha escolma de textos da autora -ata rematar existencias-. Nas librarías galegas dan a benvida ás actividades do 2024 conmemorando o tradicional Día de Rosalía de Castro, con actividades que comezarán mañá mesmo, martes 6 de febreiro.
Dende este día e ata o 3 de marzo, todos aqueles lectores que se acheguen a calquera das librarías asociadas e
opten por facerse cunha nova lectura en galego recibirán, de regalo, unha escolma de textos da autora -ata rematar existencias-. Un agasallo coordinado pola Casa de Rosalía en colaboración coa Fundación Xistral.
Ademais, como ven sendo tradición, a Federación de Librarías de Galicia convoca unha nova edición do “Concurso de Escaparate de Rosalía de Castro”, no que poderán participar todas as librarías asociadas que preparen un escaparate promocionando a gran referente da cultura galega. O prazo de participación remata o 23 de febreiro, e o premio para a libraría gañadora será unha visita guiada para 4 persoas ao Pazo da Matanza, un bolso, un neceser e unha axenda da escritora. Tamén haberá un agasallo para todas as librarías participantes que decoren o seu escaparate con este motivo (unha axenda de Rosalía).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60