Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 07 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Rematadas dúas das actuacións do plan municipal de reparación de danos dos temporais

O muro en Olegario Rodríguez, parroquia de Cela, xa se atopa rematado e o do Piñeiro en Sanguiñeda farao nestes días, antes da fin de semana

Os primeiro e segundo tenentes de alcaldesa, Camilo Grandal e Leo Costas respectivamente, que á súa vez son concelleiros de Obra Pública, Grandal, e de Patrimonio, Contratación e Emerxencias, Costas; supervisaron esta mañá os traballos incluídos no ambicioso plan municipal de reparación dos desperfectos causados polas choivas e temporais.

 

 

Durante a visita a obras achegáronse ata o xa rematado muro de contención na parroquia de Cela, concretamente na Rúa Olegario Rodríguez, e ata o da subida á Cañoteira no barrio do Piñeiro, parroquia de Sanguiñeda; que quedará finalizado nos vindeiros días e antes de que remate a semana.

 

Neste senso os representantes municipais, Grandal e Costas, declararon que “as intensas choivas e os temporais dos últimos meses, levan causado un gran número de desperfectos en diferentes peches e viáis municipais do Concello de Mos, por isto desde a administración local demos inicio o pasado mes de xaneiro un ambicioso plan de reparación de todos estes desperfectos”.

 

O plan de reparacións comezou cos devanditos traballos na subida á Cañoteira, na parroquia de Sanguiñeda, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, e na Rúa Olegario Rodríguez Pérez, en Cela, financiados con cargo a fondos propios do Concello de Mos.

 

A obra de muro de contención na subida á Cañoteira, no Piñeiro, parroquia de Sanguiñeda; trátase da construción dun novo muro de contención que soluciona os desperfectos causados na zona polas últimas inundacións. Para elo, foille concedida á administración local mosense unha axuda provincial do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra. O obxecto da subvención é o de reparación de danos causados polas inundacións. A concesión de subvención faise polo mesmo importe do gasto a realizar na obra: 50.751,32 euros. 

 

Por outra banda, tamén se atopan en marcha os traballos de limpeza e actuacións topográficas, para as reparacións na zona da Furna en Pereiras e no camiño da Quiringosta en Sanguiñeda, este último soamente pendente das xestións últimas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Estas dúas actuacións poderán ser realizadas grazas á colaboración de Concello e Deputación Provincial con cargo ao Plan Máis Provincia.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, afirmou sobre este plan que “deste xeito o Concello cumpre o compromiso de dar solución aos problemas causados polos temporáis en diferentes puntos de Mos, e de solventar a necesidade de reparacións puntuais dos desperfectos motivados polas últimas choivas e inundacións”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.