PROVINCIA
Ethel Vázquez reitera o compromiso do PP e a Xunta coa Variante de Cangas
A conselleira, que visitou a feira da vila co voceiro Enrique Sotelo e a candidata Loli Hermelo, lembrou que o trazado da variante, cuxo proxecto xa foi redactado pola Xunta, “segue á espera de que o Concello traslade un trazado de consenso e o inclúa no PXOM”
A conselleira e candidata do PP pola provincia da Coruña, Ethel Vázquez, defendeu onte en Cangas a necesidade de que a veciñanza lle outorgue un “masivo apoio” a Alfonso Rueda, “xa que representa a mellor opción” para o concello morracense, posto que ten un absoluto compromiso coas súas principais necesidades, como a construción da Variante de Cangas e a oferta de apoio e colaboración desde a Xunta para a mellora da rede municipal de saneamento ante os graves problemas que padece e os seus continuos vertidos.
Vázquez, que visitou a feira da vila acompañada polo voceiro, Enrique Sotelo, a candidata Loli Hermelo e outros membros do PP local, explicou que o Goberno galego redactou o proxecto de trazado para a Variante de Cangas, orientada a mellorar a mobilidade do núcleo urbano, “pero segue á espera do Concello para que nos traslade un trazado de consenso e o inclúa no PXOM, polo que atopámonos novamente coa ineficacia e o obstruccionismo do BNG”.
Ademais, tras lembrar que a Xunta apoio aos concellos con máis de 1.100 millóns de euros nos últimos anos nas súas responsabilidades coas redes de saneamento, lamentou os continuos vertidos e contaminación que se producen en Cangas, principalmente na zona do río Orxas, en Aldán e o “absoluto desinterese” do cuatripartito local, xa que non solicitou axudas a Augas de Galicia para facer unha auditoría da rede municipal e coñecer as súas deficiencias para poder atallalas nin tampouco aproveitou a posible colaboración da Xunta nesta materia.
“O Bloque é un partido que simplemente agarda que os demais lle resolvan os seus problemas e é bastante obstruccionista e ineficaz, pero cando ademais forma parte dun multipartito, como pasa en Cangas e que constitúe a única alternativa ao PP en Galicia, os seus atrancos xa se elevan ata o infinito, polo que creo que é algo que pode ser moi prexudicial para os galegos, así que lles pido a confianza maioritaria para Alfonso Rueda”, manifestou.
Ethel Vázquez puxo en valor os “feitos e solucións” da Xunta nestes anos en materias de infraestruturas na comarca, “o que supuxo unha clara mellora da mobilidade” coa construción da Autovía libre de peaxe, o ramal de Cangas e o corredor Cangas-Aldán, no que anunciou que se plantarán 25.000 árbores autóctonas nos vindeiros anos para reforestar as súas marxes e favorecer o efecto cortalumes.
Ademais, a tamén conselleira incidíu na construción de sendas peonís e ciclistas para impulsar unha mobilidade máis sostible e segura e a eliminación de treitos de concentración de accidentes, “o que motivou unha transformación radical da rede viaria autonómica da comarca tras unha aposta sen precedentes”.
Finalmente, destacou a modernización do servizo interurbano e a renovación da estación de buses de Cangas apostando pola intermodalidade, ao tempo que se apostaba pola gratuidade do transporte público en autobús para os menores de 21 anos e, desde o pasado mes de xaneiro, tamén para os maiores de 65 anos, o que beneficia a milleiros de veciños de Cangas e do Morrazo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60