MUNDO EMPRESA
Jealsa incentiva e contrata profesionais formados en Galicia
2.500 estudantes visitan 30 das principais empresas galegas
80 estudantes aprenden os segredos de Jealsa. Oitenta rapaces do instituto Félix Muriel de Rianxo coñeceron esta semana as claves do funcionamento dunha das máis importantes conserveiras de España, visitando a planta de Jealsa no Bodión (Boiro). Guiados polos directivos da compañía, os alumnos forman parte do programa Empresa Familiar nas aulas, impulsado por Afundación Obra Social ABANCA e a Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef). A iniciativa percorre este ano 18 das principais empresas galegas.
7 de febreiro 2024. O grupo Jealsa emprega a 4.000 profesionais (2.500 empregos en Galicia) e está integrado maioritariamente por galegos e formados en Galicia. O presidente de Jealsa, Jesús Alonso Escurís, indica que a súa compañía contrata anualmente 50 persoas, fundamentalmente mozas e mozos de elevada formación e con dispoñibilidade para moverse. “As empresas familiares temos raíces e preocupámonos por crear riqueza na contorna onde nacemos”, sinalou o presidente de Jealsa diante dos 80 alumnos de ESO, bacharelato e FP do instituto de Rianxo.
A empresa e o IES Félix Muriel participan no programa Empresa familiar nas aulas, organizado pola Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) e Afundación Obra Social ABANCA, que ten por obxectivo fomentar a formación e o emprendemento entre os mozos galegos.
Jesús Alonso subliñou a importancia da formación para comezar unha carreira profesional, tanto no camiño do emprego asalariado como no do emprendemento.
Empresa Familiar nas aulas achega os principais empresarios galegos aos colexios e institutos de toda Galicia, coa participación de máis de 2.500 estudantes e 30 empresarios galegos de primeiro nivel. As mozas e mozos galegos xa teñen elaborado e presentado 18 proxectos empresariais co obxectivo de emprender novos negocios.
“Aprendín do meu pai que a prioridade dunha empresa é a supervivencia. As empresas familiares galegas vivimos aquí e contratamos aquí, como a nosa, dende 1958”, explicou o presidente de Jealsa. A firma galega é hoxe unha corporación formada por 27 sociedades integradas en 3 divisións de negocio (alimentación, valorización e enerxía).
Jealsa produce 1.500 millóns de latas de conservas anuais, un 45% de toda a produción conserveira española de peixes e mariscos. O grupo está experimentando tamén un forte crecemento na súa división Valorización, coa fabricación de alimentos para mascotas e produtos para cosmética e farmacia a partir dos descartes e restos da alimentación humana.
Afundación Obra Social ABANCA e Agef impulsan o programa Empresa Familiar nas aulas que procura fomentar o emprendemento nos centros educativos a través da charla dun empresario no colexio participante e a visita do alumnado a unha grande empresa da súa contorna. Durante o presente curso organízanse clases de 18 empresarios en 18 centros educativos de toda Galicia, as visitas escolares ás empresas e un programa titorizado para que os estudantes presenten proxectos empresariais elaborados por eles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119