Lunes, 08 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 08 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
OIA

Curso de autodefensa para mulleres os días 5 e 7 de marzo en Mougás

[Img #86828]O Concello de Oia ten aberta a inscrición para as mulleres interesadas en participar na formación “Prevención de situacións de violencia de xénero: curso de defensa persoal e autocapacidades”. A actividade desenvolverase os días 5 e 7 de marzo no Centro Cultural de Mougás en horario de 16.00 a 20.00h.

 

O curso está impartido por monitoras e monitores especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e inclúe adestramento físico e psíquico para a actuación ante diversas situacións de violencia de xénero. As mulleres interesadas en inscribirse poden facelo a través do correo electrónico cultura@concellodeoia.es ou ben no teléfono 639 329 493.

 

Oia foi un dos concellos seleccionados pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para esta formación en autodefensa para mulleres, que consta de un total de 8 horas lectivas. A iniciativa enmárcase no acordo de colaboración asinado entre o antedito departamento autonómico e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.