Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 09 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

Luis López agradece os eloxios do alcalde socialista de Tui á Xunta do PP polo Plan Rexurbe

O presidente provincial do PP de Pontevedra, acompañado de Moisés Rodríguez, Nico Montes e Luisa Piñeiro, fixo un percorrido polo casco histórico da cidade, que recibirá un investimento de 23,4 millóns de euros para a súa rehabilitación urbanística, residencial e económica

“O plan aprobado pola Xunta e moi positivo para a cidade de Tui e cambiará para sempre o casco histórico. Hai que valóralo como moi positivo porque é algo moi bo para Tui e, hai que ser honestos, e recoñecer o traballo do director do Instituto de Vivenda da Xunta, ao que temos que trasladarlle a nosa gratitude porque sempre prestou moito interese por este proxecto”. Deste xeito, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, replicou as mesmas palabras do alcalde socialista de Tui, Enrique Caballeiro, ao que lle agradeceu os seus eloxios públicos ao traballo da Xunta e amosou a súa convicción en que iso debe plasmarse nun “apoio masivo” dos tudenses a Alfonso Rueda o vindeiro 18 de febreiro.

 

 

“Que a Xunta o fai ben en Tui, como en toda Galicia, é algo que se ve e que sinten os galegos, pero se ata o alcalde Enrique Cabaleiro o afirma, creo que os veciños deben facerlle caso e votar masivamente ao Partido Popular nas eleccións autonómicas. É de agradecer a súa sinceridade, e máis cando louvou inequivocamente á Xunta a poucos días da votación, pero cremos que é tan obvio que o PP fai moi ben as cousas que ás veces é imposible non recoñecelo. Por elo, e para seguir colaborando deste xeito con Tui, cremos que Alfonso Rueda e o PP é a mellor opción para gobernar Galicia os próximos catro anos”, indicou López.

 

Ademais, o presidente provincial indicou que as boas palabras do alcalde tudense “non se limitaron só ao Rexurbe, xa que tamén se amosou esperanzado cos investimentos na cárcere vella e que están pendentes dun novo convenio con Turismo de Galicia para a súa rehabilitación con 3 millóns máis”.

 

Luis López, que realizou estas manifestacións nun percorrido polo casco histórico en compañía do candidato Moisés Rodríguez, o voceiro Nico Montes e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, puxo en valor que o programa Rexurbe de rexeneración urbana, “vai ser un investimento histórico e récord para a cidade, xa que, cos seus 23,4 millóns de euros, vai superar incluso o custo do enlace de Areas, que está a piques de ser rematado”.

 

En concreto, esta iniciativa de interese autonómico aprobada pola Xunta é un instrumento de planificación plurianual no que se integran actuacións a nivel arquitectónico e urbanístico dirixidas a fomentar políticas de rehabilitación e mellora de espazos e equipamentos públicos e outras que buscan a reactivación económica, demográfica e social deste ámbito histórico do centro de Tui.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.