Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 09 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta amplía a Programa Xantar na Casa en Ponteareas ata as 50 prazas

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e a alcaldesa do concello, Nava Castro, asinaron hoxe o novo convenio de colaboración

A Xunta de Galicia amplía en 40 prazas máis o programa Xantar na Casa en Ponteareas para chegar a ata un máximo de 50 beneficiarios, entre maiores que viven sos, persoas dependentes ou que están en risco de exclusión social. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e a alcaldesa do concello, Nava Castro, asinaron hoxe o novo convenio de colaboración para ampliar o número de usuarios deste programa.

 

 

Perfecto Rodríguez sinalou que este incremento de prazas evidencia á boa acollida que está a ter este servizo e que se trata de dar resposta á demanda detectada polos servizos sociais do Concello, que son os encargados de seleccionar aos usuarios. A Xunta encárgase de financiar o 50% do custe da comida, mentres que a outra metade corre a cargo do Concello e dos usuarios a partes iguais.

 

Así mesmo, o xerente do Consorcio explicou que a comida repártase nos domicilios nunha única entrega para todos os días da semana —incluídos sábados, domingos e festivos—, polo que o destinatario soamente ten que quentala antes de consumila. Ao usuarios do programa tamén se lles facilitan os electrodomésticos que necesiten no caso de que careza deles, como neveira e microondas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.