Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 10 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O IES Salvaterra de Miño organiza unha plantación en Lira

Serán preto de 300 rapaces e profesores do centro educativo que se achegarán ata a parroquia para plantar máis dun centenar de árbores.

O vindeiro 21 de febreiro o IES Salvaterra de Miño en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, a ANPA, a Comunidade de Montes de Lira e o Distrito Forestal XVII; organiza unha plantación para o alumnado de 1o ESO e 3o ESO, do grupo Titoría entre Iguais (TEI), e para 1o de FPB Madeira. En total serán preto de 300 rapaces e rapazas do centro educativo que xunto ó grupo de pandereteiras do IES Salvaterra que participarán dende as 14:00 ata a 18:10 na plantación de máis de 100 árbores en Formarigo e Cernadas na parroquia de Lira.

 

 

O IES Salvaterra de Miño leva seis anos conmemorando o día da árbore dun xeito totalmente colaborativo xunto as diferentes Comunidades de Montes do Concello, e este ano tocou en Lira. Unha iniciativa que conta coa colaboración do profesorado, ANPA, Comunidade de Montes, Distrito Forestal, dos alumnos e alumnas de Forestal do Obradoiro de Emprego e do Concello de Salvaterra de Miño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.