GALICIA
A Xunta aposta pola negociación colectiva para un mercado laboral baseado na igualdade
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou esta mañá na inauguración da ‘II Xornada Autonómica de Igualdade’ organizada polo CSIF Galicia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, inaugurou hoxe a II Xornada Autonómica de Igualdade, onde destacou a necesidade de que empresas, persoas traballadoras e administracións se impliquen nos desafíos da negociación colectiva co obxectivo de adaptarse ao novo paradigma laboral, de maneira que as relacións laborais estean baseadas na igualdade.
A segunda edición desta xornada organizada polo CSIF Galicia leva por lema Non podemos avanzar se a metade de nós queda atrás e céntrase precisamente nas medidas coas que fomentar a igualdade de xénero no diálogo social e na negociación colectiva.
Nesta liña, o vicepresidente primeiro incidiu na importancia da negociación colectiva para abordar as desigualdades salariais e condicións laborais e salientou que na contorna laboral actual marcada pola demanda dunha maior flexibilidade, este proceso ten o papel de “protexer os dereitos das persoas traballadoras, en especial, das mulleres”.
Na súa intervención, Diego Calvo resaltou que a anticipación aos desafíos actuais no eido das relacións laborais e a posta en marcha de propostas innovadoras require a colaboración de empresas e organizacións sindicais, tendo en conta que os axentes sociais son os “catalizadores” principais da voz das persoas traballadoras.
Ademais, salientou a prioridade da Xunta coa igualdade e, en concreto, no que se refire ao incremento da presenza da muller en todos os ámbitos, incluído o laboral. Así, avogou por medidas que rachen coa fenda de xénero entre mulleres e homes e actuacións con perspectiva de xénero que permitan avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Ao remate da inauguración da xornada, a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, impartirá unha conferencia inaugural na que centrará a súa intervención no I Plan de igualdade da Administración autonómica que se está executando na actualidade.
Conta, en concreto, cun conxunto ordenado de medidas dirixidas a eliminar os obstáculos que dificulten ou impidan a igualdade efectiva de mulleres e homes no ámbito da Administración galega. A elaboración do documento, que se aprobou co voto a favor das organizacións sindicais CCOO, UXT e CSIF, partiu dunha diagnose da situación en materia de igualdade no seo da Administración e nutriuse dos resultados de enquisas, voluntarias e anónimas, realizadas entre todos os traballadores para que achegaron a súa visión das necesidades existentes neste eido.
En palabras de Mancha, o Plan conta cun protocolo de actuación fronte ao acoso e as violencias sexuais e psicolóxicas no traballo, así como cunha relación dos obxectivos a alcanzar coa aplicación das 74 medidas que contén o documento, estruturadas en oito eixes de actuación.
Un dos eixos do Plan de Igualdade é a saúde laboral e a prevención de riscos, “cun rexistro que recolla datos segregados por sexos”; mellorar e promover a formación en igualdade entre os empregados públicos así como deseñar unha guía de corresponsabilidade na Administración son outros dos retos do documento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129