MOS
A arte inclusiva busca o seu espazo en Mos
A dirección da entidade reúnese coa alcaldesa mosense para buscar vías de colaboración neste senso
A directora da Fundación Igual Arte, Cristina Lago, e o vicedirector, Marcos Estévez, reuníronse onte no Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Cultura, Sara Cebreiro, co obxectivo de tratar sobre un posible espazo de colaboración entre ambas entidades.
Así, desde a Fundación plantexouse á administración a necesidade dun espazo físico e social no que desenvolver o seu proxecto e o interese en levar a cabo iniciativas no ámbito educativo (colexios, IES…), nos centros de maiores e diferentes lugares de encontro de persoas a fin de dar a coñecer o seu programa e poñelo en práctica involucrando aos diferentes axentes sociais mosenses.
A Fundación Igual Arte ten como máxima o lema de que “a arte é un dereito que nos pertence a todos.”
E esa é a idea coa que a institución naceu no ano 2002, abrindo un espazo no que as persoas con diversidade funcional puideran expresarse de xeito artístico.
Igual Arte é o único centro ocupacional de España especializado en música, danza, teatro, fotografía e artes plásticas que trata de dar unha saída laboral a proxectos artísticos que impulsan persoas con diversidade funcional. Son alumnos con distintos perfís, pero na Fundación fíxanse nas súas capacidades artísticas e no seu desexo de formarse nunha destas disciplinas con profesores especializados.
“O marabilloso da cultura e a expresión artística é que poidamos vibrar e sentir. Ninguén se pregunta que problemas tiñan Van Gogh ou Beethoven ou cal era o seu cociente intelectual”, explica a directora, Cristina Lago, e engade que aos seus estudantes as vías artísticas axúdanlles a relacionarse, crear e pensar.
Cando empezaron hai 20 anos rápido se deron conta de que “a aprendizaxe era real e que a música (a área coa que empezaron) potenciaba moitas canles, como a atención, a memoria e a espera”. A Fundación tamén lles proporciona deporte, autonomía funcional, lectura e escritura e outras actividades porque “este é o seu centro de referencia”. Ademais, xestionan un centro de día para alumnos con diversidade máis complexa e imparten actividades extraescolares nas que traballan a arte de forma lúdica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20