Galicia
Rueda anuncia axudas da Xunta para viviendas afetadas polo apagón da TDT
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciaba onte que o goberno autonómico lanzará unha liña de apoio para as 4.300 vivendas na comunidade galega, distribuídas en 260 concellos, que poderían verse afectadas por estar en áreas de sombra e teren que adaptar as súas televisións tras o apagón da Televisión Dixital Terrestre (TDT) que ocorrerá na vindeira semana.
O mandatario galego explicou que a partir do 14 de febreiro, tal como marcou o Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública, producirase o apagón da tecnoloxía SD (estándar dixital) da TDT, isto é, só se poderá ver a televisión en alta definición ou HD.
Como aclarou Rueda, a maioría da poboación galega unicamente terá que resintonizar os canais de televisión ou, no caso de ter un aparello anterior a 2011, mercar un pequeno adaptador para acceder ao novo sinal.
O problema, segundo destacou o presidente, está nas vivendas localizadas nas chamadas áreas de sombra ou zonas de exclusión da TDT, zona III. Os veciños destas áreas están a recibir o sinal da TDT por satélite e agora deberán mercar un novo dispositivo cun prezo que rolda, de media, os 400€. Son aproximadamente 4.300 vivendas distribuídas en 260 concellos.
A Xunta enviou unha carta ao goberno central hai dous meses expresando a súa preocupación pola situación que ían vivir os galegos que residen en áreas de sombra. Rueda lembrou que "é competencia e responsabilidade" do Executivo estatal habilitar axudas para apoiar ás vivendas que precisan adaptar as súas televisións á alta definición, pero ante a falta de resposta, a Xunta asumirá estes custos.
Rueda salientou que o goberno autonómico "irá sufragar o 100%" do custo da renovación dos equipos e a instalación nas primeiras residencias, ata un límite máximo de 400€. En canto ás segundas residencias, apuntou que estas poderán ser axudadas ata o 50% do custo, cun límite máximo de 200€.
O mandatario galego subliñou que esta achega terá carácter retroactivo, isto é, aínda que o cambio de dispositivo se faga antes de que se publique a orde de axudas, bastará con acreditar o gasto para poder recibir a cantidade correspondente despois.
Finalmente, o presidente lamentou "un novo agravio á poboación rural e ás zonas de exclusión social" por parte do goberno central. "Non lle correspondería á Xunta de Galicia", indicou, pero defendeu a habilitación destas axudas por parte da Administración galega, "pola inactividade e falta de axudas ante quen toma a decisión e marca os prazos", concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129