Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 06 de Marzo de 2026 a las 21:49:07 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 09 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Alfonso Rueda presenta o seu proxecto no Porriño

O actual presidente e candidato do Partido Popular de Galicia á Xunta, Alfonso Rueda, fará unha parada no Porriño o vindeiro domingo, 11 de febreiro, para presentar o seu proxecto, o da Galicia que funciona, o da unidade, cumprimento, solucións, xestión, experiencia, confianza, estabilidade e dignidade.

 

Este evento contará co acompañamento do alcalde porriñés, Alejandro Lorenzo, que o avala unha ampla e histórica maioría absoluta acada nos últimos comicios municipais; do presidente do PP provincial e presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e da candidata número 2 pola provincia de Pontevedra, Patricia García.

 

O acto, que terá lugar no Restaurante Manolo ás 14.30 horas, será un mitin con xantar, onde todas as persoas asistentes estarán convidadas a degustar os típicos callos do Porriño.

 

Ademais, o evento estará amenizado coa actuación musical protagonizada por Lis Pardo e Antonio Barros, quenes interpretarán o tema “Xuntos”, convertido no “himno” da “Galicia Funciona” e da campaña electoral do PPdG.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.