Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 11 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba o plan bianual do servizo de vixilancia, inspección e control da xestión de residuos

O presidente provincial, Luis López, explicou que “traballaremos para mellorar os datos de separación de fraccións de residuos” en Baiona, Barro, Bueu, Cangas, A Cañiza, Gondomar, A Guarda, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, As Neves, O Rosal, Silleda e Tomiño

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o plan bianual (24/25) do servizo de vixilancia, inspección e control da xestión de residuos de competencia municipal que botará a andar en 15 concellos da provincia cun investimento de máis de 455.000 euros.  O presidente da institución provincial, Luis López, explicou que “traballaremos para mellorar os datos de separación de fraccións de residuos” nos concellos de Baiona, Barro, Bueu, Cangas, A Cañiza, Gondomar, A Guarda, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, As Neves, O Rosal, Salceda, Silleda e Tomiño.

 

 

A través do plan prográmanse, organízanse e estrutúranse inspeccións, inicialmente, de carácter didáctico, centradas naquelas actividades e persoas produtoras de residuos así como nos responsables da súa recollida e xestión. “Insisto –asegurou López- serán inspeccións de carácter didáctico aínda que, se se observan incumprimentos graves da normativa levantaremos acta para que o concello correspondente impoña a sanción, se o considera, de acordo coa lei de residuos”.

 

O servizo de vixilancia, inspección e control da xestión de residuos de competencia municipal que pon en marcha a Deputación de Pontevedra arranca para axudar aos concellos no cumprimento da nova lexislación, que supón un cambio na tradicional visión que se tiña do tratamento dos residuos e maiores esixencias para os concellos. “Somos moi conscientes –afirmou o presidente provincial-  da carga de traballo que estas obrigas traen para os concellos e tamén da escaseza de medios que teñen, por iso poñemos en marcha este corpo de vixilancia, inspección e control co obxectivo de mellorar as cifras de separación de residuos dos concellos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.