GALICIA
O Diario Oficial de Galicia publica o complemento autonómico ás pensións non contributivas
Trátase dun pago único anual de 218 euros que se ingresa automaticamente nas contas bancarias dos beneficiarios, sen ter que solicitalo ou facer trámite algún
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o pasado venres o complemento autonómico para as arredor de 37.000 persoas que perciben en Galicia unha pensión non contributiva. O Goberno galego achegará a todas elas unha axuda extraordinaria de 218 euros nun pago único anual que recibirán de maneira automática nas súas contas bancarias neste mes de febreiro, sen necesidade de que o soliciten e sen facer trámite algún.
A Administración autonómica destina algo máis de 8 millóns de euros a este complemento, que ten por finalidade mellorar a capacidade adquisitiva das persoas que o reciben. Está dirixido a beneficiarios de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, do fondo nacional de asistencia social e do subsidio de garantía de ingresos mínimos.
Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que concede de xeito ininterrompido durante os últimos anos esta axuda extraordinaria que non é obrigatoria, pois son os propios Executivos autonómicos os que deciden mantela. Ademais, mantense o incremento do 5,8% na contía deste complemento que xa se aplicou o ano pasado e adiantase de novo o seu pagamento ao mes de febreiro, xa que anteriormente estas axudas pagábanse a finais de cada ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149