GALICIA
O DOG publica a resolución de prazas de atención diúrna e residencial para persoas con discapacidade
Convocáronse prazas para a atención de persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), con dano cerebral adquirido e con enfermidade mental
O Diario Oficial de Galicia publicba onte a resolución dos tres concertos sociais para a atención especializada nos eidos do trastorno do espectro autista (TEA), dano cerebral adquirido e enfermidade mental. Coa tramitación destes concertos, o Goberno galego cumpre co acordo asinado coas entidades o pasado 20 de novembro para garantir a continuidade da atención aos usuarios de máis de 5.000 prazas que xestiona o terceiro sector.
Estes tres novos concertos súmanse aos xa aprobados e que suman no seu conxunto máis de 100 millóns de euros. Cada un destes concertos terá catro anos de duración, podéndose prorrogar ata un máximo de dez anos. En concreto, as prazas que se convocan en cada un destes concertos sociais son as seguintes: 33 prazas especializadas nos coidados a persoas que sofren enfermidades mentais; 257 para persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA); outras 258 para persoas con discapacidade física; 293 para a atención a persoas con parálise cerebral e 4.050 prazas para a atención de persoas con discapacidade intelectual.
A través dos concertos sociais, consolídase a rede pública de recursos para atender a persoas con discapacidade, evítase que os usuarios teñan que percorrer longas distancias para acceder a unha praza pública e dáse unha maior estabilidade ás entidades para que poidan manter no tempo servizos que son fundamentais para este colectivo. Así mesmo, increméntase nun 30% o investimento con respecto aos contratos actuais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129