Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 10 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López avanza as primeiras axudas da historia da Deputación para a mocidade

O Plan +Xuventude, como así se chama a nova liña de axudas, permitirá a asociacións xuvenís recibir ata 5.000 € para poñer os seus proxectos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as primeiras axudas dirixidas á mocidade da provincia: o Plan +Xuventude. Trátase dunha liña de subvencións dotada con 100.000 euros e que achegará a cada asociación xuvenil un máximo de 5.000 euros para poñer en marcha iniciativas de interese social. “Nunca antes se tiña apostado pola xuventude, nin se tiñan deseñado liñas específicas de apoio á mocidade de Pontevedra”, asegurou o presidente provincial, Luis López, ao tempo que lembrou que, nesta aposta, o goberno provincial “creou por vez primeira na historia da Deputación un servizo de Xuventude e Reto Demográfico, a cargo do deputado Jorge Cubela”.

 

 

En concreto, as axudas do Plan +Xuventude están dirixidas a asociacións xuvenís sen ánimo de lucro prestadoras de servizos dirixidos á xuventude e grupos formados por entre 3 e 8 persoas de entre 18 e 35 anos que propoñan a realización dun proxecto de interese xeral e social. As propostas deben favorecer e promover o desenvolvemento persoal e comunitario, contribuír ao empoderamento xuvenil, á formación en valores, á consecución de hábitos saudables, e enriquecer a vida social, económica, científica e cultural da provincia.

 

En concreto, pódense presentar proxectos englobados en diferentes áreas: Iniciativa empresarial; vida saudable e loita conta a violencia e conductas de risco; fomento da cultura en todas as súas áreas, da innovación así como a promoción de sectores coma o científico, tecnolóxico e dixital, as ciencias xurídicas e as sociais; creación de Consellos Locais de Xuventude e o fomento do asociacionismo e voluntariado xuvenil; promoción do desenvolvemento e dinamización do medio rural, a loita contra a soidade non desexada, así como proxectos que teñan impacto no rural dende a perspectiva de reto demográfico, e protección do medio ambiente e loita contra o cambio climático. O prazo para solicitar estas subvencións abrirá o vindeiro 16 de febreiro e será dun mes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.