MOS
Lorenzana informa en Mos dos apoios da Xunta para mellorar a competitividade industrial
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, participou nun encontro con Aemos no que explicou as liñas abertas para a modernización dos polígonos industriais
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con membros da Asociación de empresarios de Mos (Aemos), para coñecer de primeira man as súas principais necesidades e informar dos apoios que a Xunta pon á súa disposición para mellorar a competitividade empresarial. Estivo acompañada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Economía, Industria e Facenda, Feli Rodríguez.
Durante a xuntanza Lorenzana informou das axudas que a Xunta ten abertas nestes momentos para mellorar a competitividade dos polígonos industriais. Trátase da orde para modernizar as súas infraestruturas, aberta ata o 19 de febreiro cun orzamento de 3,5 M€; a dirixida tanto á creación como mellora de equipamento dos viveiros industriais, dotada con 1,5 M€ e aberta ata o 26 de febreiro; así como a liña para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais, para a que se poden solicitar solicitudes ata o 30 de abril e que conta cun crédito de 4,7 M€.
Lorenzana incidiu en que o papel da Administración autonómica debe ser o de acompañar ao empresario. Así, referiuse á nova Oficina Económica de Galicia para continuar facilitando os trámites aos proxectos que se queren implantar ou medrar en Galicia e avanzar na desburocratización. A conselleira tamén subliñou a importancia de facilitar o financiamento e o acceso a solo industrial. Ao respecto, referiuse a o Plan de impulso e aceleración de proxectos industriais posto en marcha pola Xunta para iniciativas a partir de 800.000 euros de investimento; ou á ampliación dos treitos para declarar un proxecto como estratéxico, agora desde 2 M€ e 25 empregos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20