Galicia
A Xunta destina 3,5 M€ a proxectos particulares en enerxías renovables
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, informou nesta semana dunha nova convocatoria da Xunta cun orzamento de 3,5 millóns de euros para apoiar proxectos de renovables térmicas e de fotovoltaica impulsados por particulares co obxecto de que os galegos e galegas “poidan aforrar na súa factura enerxética, á vez que contribuír a loitar contra o cambio climático”.
“Somos xa un referente na produción de enerxías renovables e queremos seguir potenciando a súa utilización”, defendeu o mandatario galego sobre estas axudas, cuxas bases foron aprobadas hoxe no Consello da Xunta.
Rueda explicou que estas axudas teñen un dobre obxectivo, xa que se prevé conseguir “un aforro económico anual de 500.000 euros, 625 euros ao ano por fogar”, así como unha redución de emisións “equivalente a plantar 120.000 árbores”.
Para iso, avanzou que se actuará en dous ámbitos para fomentar o uso de enerxías renovables. Por unha parte, activarase unha nova convocatoria de axudas para favorecer a implantación de proxectos de renovables térmicas. En total, destínanse 2 M€ para apoiar iniciativas que utilicen xeotermia, aerotermia e solar térmica, así como a instalación de caldeiras de biomasa.
Rueda explicou que as axudas cobren un 50 % cun máximo que “vai dos 2.000 aos 10.000 euros no caso de ser unha vivenda unifamiliar e ata 40.000 euros para as comunidades de veciños”. A convocatoria realízase en réxime de concorrencia competitiva e só se admite tramitación electrónica a través das entidades colaboradoras.
Por outra banda, destínase un total de 1,5 M€ á nova convocatoria para apoiar instalacións de enerxía fotovoltaica. Neste caso, segundo debullou, tamén se cobre o 50 %. “As achegas oscilarán entre os 4.000 e os 6.000 euros”, precisou, ao tempo que aclarou que, de concorrencia competitiva, tamén se tramitarán vía electrónica por entidades colaboradoras, “e poderán solicitarse, previsiblemente, a finais deste mes”.
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, informou nesta semana dunha nova convocatoria da Xunta cun orzamento de 3,5 millóns de euros para apoiar proxectos de renovables térmicas e de fotovoltaica impulsados por particulares co obxecto de que os galegos e galegas “poidan aforrar na súa factura enerxética, á vez que contribuír a loitar contra o cambio climático”.
“Somos xa un referente na produción de enerxías renovables e queremos seguir potenciando a súa utilización”, defendeu o mandatario galego sobre estas axudas, cuxas bases foron aprobadas hoxe no Consello da Xunta.




































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149