PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Mariano Rajoy fai campaña e amosa o seu apoio a Alfonso Rueda
O ex presidente do Goberno estivo acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; o presidente provincial, Luis López; a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro; o voceiro, Rafa Domínguez; e os candidatos pontevedreses María Martínez e Guille Juncal
O ex presidente do Goberno de España Mariano Rajoy seguíu hoxe coa súa activa campaña electoral e amosou o seu apoio ao presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, durante un paseo celebrado esta mañá polas rúas e os comercios de Pontevedra.
Tal e como xa fixera en días anteriores por Vigo e Vilagarcía de Arousa, Rajoy estivo hoxe pola sua cidade departindo con centos de veciños, que lle amosaron o seu cariño e lle pediron numerosas fotografías, e pedíulles decididamente o voto para Alfonso Rueda como a mellor opción para a estabilidade, o rigor e o sentidiño de Galicia durante os próximos catro anos.
O ex presidente estivo acompañado neste percorrido pola súa cidade pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; o presidente provincial dos populares, Luis López; a súa secretaria xeral, Luisa Piñeiro; o voceiro municipal, Rafa Domínguez; os candidatos pontevedreses María Martínez e Guille Juncal; e outros membros do PP local. O paseo, que comezou nas inmediacións do Museo de Pontevedra, levounos por moitas rúas da capital provincial e rematou, como é habitual, na carpa electoral do Partido Popular instalada na Praza da Peregrina.
Durante este acto, Luis López aproveitou para esixirlle ao multipartito de esquerdas, cando restan oito días para as eleccións autonómicas, que “aclare quen ostenta e quen vai desempeñar o seu liderado, tanto para que o saiban os cidadáns en aras da transparencia que debe amosarse en todo proceso electoral como para que o designado acepte a proposta de debate cara a cara cursada polo presidente Alfonso Rueda”. “Os cidadáns teñen dereito a saber quen encabeza todo ese conglomerado de partidos que van a perder as eleccións para que non se leven ningunha desgradable sorpresa que acabe na parálise que vemos, por exemplo e por estas mesmas circunstancias, no Concello de Pontevedra”, advertíu o responsable provincial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60