Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 12 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
Nigrán

Fabiola García anuncia que 501 veciños do Val Miñor xa se benefician dos Bonos Coidado en Residencia e no Fogar

A conselleira de Política Social e Xuventude e candidata do PP pola provincia da Coruña, Fabiola García, vén de anunciar que un total de 501 veciños da comarca do Val Miñor xa se están a beneficiar, desde o pasado mes de xaneiro, dos Bonos Coidado nas modalidades de Residencia e Fogar grazas a unha achega anual de 2,01 millóns de euros da Xunta de Galicia.

 

 

A titular autonómica deu a coñecer as primeiras cifras de beneficiarios nun encontro con maiores celebrado en Nigrán, no que detallou que hai 373 veciños da comarca que reciben a axuda polo coidado no fogar, cifrada nunha achega anual individual de 5.000 euros, e 128 que xa contan co bono para colaborar no pago da praza da residencia, que se situa en 1.200 euros por exercicio.

 

Fabiola García puxo en valor “as amplas accións e investimentos sociais” impulsados polo Partido Popular desde a Xunta e ademais anunciou que “sempre estamos ampliando os orzamentos, implementando as medidas existentes e incorporando novas actuacións, como os novos Bonos Coidado, para dar cada vez unha mellor cobertura aos cativos, as familias, os maiores, os dependentes e as persoas en risco de exclusión”.

 

“Somos o partido que máis e mellor atende ás persoas que máis o necesitan e creo que é algo de xustiza e que, no caso dos municipios de Nigrán, Gondomar e Baiona, ten unha gran importancia porque hai bastante  poboación que precisa da nosa colaboración e queremos ofrecerlles o máximo para que teñan a mellor calidade de vida”, manifestou a conselleira.

 

Pola súa banda, a voceira municipal, María José Pino, que agradeceu o apoio que sempre lle presta Fabiola García, destacou a colaboración que está a prestar, ano a ano, a Xunta de Galicia para o “bo funcionamento” dos Servizos Sociais de Nigrán, xa que lle transferíu 2.599.045 euros para estas atención, que beneficiaron a 496 veciños, no último exercicio.

 

Así, o Goberno galego fai unha achega de 485.712 euros anuais para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que ten 40.476 horas anuais asignadas para o coidado de 46 usuarios, aínda que a voceira popular lamentou a “desidia e o abandono do goberno local socialista con este servizo, xa que pola súa propia incompetencia só alcanza un nivel de cobertura do 25% e ten a 141 persoas en lista de agarda”. Ademais, a Xunta tamén sufraga 784.400 euros para os 204 beneficiarios dos bonos coidado, aporta 65.445 euros para o desenvolvemento do Plan Concertado, 669.176 euros para a gratuidade das 156 prazas das tres escolas infantís e 195.588 euros para a unidade de Atención Temperá, que ten 90 usuarios. Todo elo se complementa co investimento de 398.724 euros en melloras na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.