Vigo
Samil será epicentro do tríatlon internacional en xuño
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo, presentaron o pasado venres no Concello a dobre cita internacional, Copa do Mundo de tríatlon paralímpico e Copa de Europa de tríatlon, que se celebrará na cidade a fin de semana do 1 e 2 de xuño con Samil como epicentro e o patrocinio da administración municipal.
Abel Caballero, do mesmo xeito que José Hidalgo, significou como clave a presenza de Susana Rodríguez Gacio (Vigo, 1988), cinco veces campioa do mundo e ouro en Tokio, “a máis importante deportista que Vigo tivo nunca na súa historia e unha das máis grandes deportistas máis grandes de España”, e lembrou que “ser portada de Time (2021) é algo reservado para uns poucos privilexiados. E ti fúchelo. Teño un inmenso orgullo de que sexas de Vigo e a cidade séntese reflectida no teu esforzo, calidade e capacidade”, explicou o xefe do goberno local, ademais de celebrar que Vigo sexa sede tamén da Copa de Europa para outro deportista vigués, Antonio Serrat. Ámbolos dous son, tamén, triatletas da cidade que contan con subvención municipal para deportistas individuais de elite.
Pola súa banda, o responsable do tríatlon español recoñeceu “a motivación de que imos traballar cun alcalde que sempre quere ser o mellor e quere o mellor para a súa cidade” e anunciou tamén o primeiro éxito desta cita internacional antes mesmo de que se dispute: “Vigo será absolutamente innovadora no panorama do tríatlon europeo e mundial porque por primeira vez en España, e creo que en Europa, van desenvolver nunha mesma sede unha proba de Copa de Europa de tríatlon e outra de Copa do Mundo de paratriatlón. Tivemos que poñer de acordo á Federación Europea (a ETU) e á Mundial (World Triathlon) para confluír en Vigo por primeira vez.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58