REDONDELA
Redondela rexistra 36 casos de violencia de xénero baixo seguimento policial
Segundo datos do Sistema VioXén, Redondela rexistra actualmente 36 casos activos de violencia de xénero, cifra que aumentou respecto ao peche do ano 2022, cando se contabilizaban 28 casos. Dos 36 casos rexistrados actualmente, só un presenta un risco alto para a vítima, mentres que 9 están en nivel medio e 11 en nivel baixo. Para estas mulleres vítimas existen ordes de protección. Nos restantes 15 casos, non se aprecia risco algunha.
A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, destaca que moitas das mulleres vítimas con seguimento de VioXén seguen no sistema ao longo do tempo, con seguimento constante e rexistrando altas e baixas segundo a súa situación. A alcaldesa Digna Rivas subliña a importancia de formar parte deste sistema, que permite aglutinar esforzos das diferentes institucións públicas competentes en materia de violencia de xénero e integrar toda a información dos diferentes casos, mellorando a atención e o seguimento ás vítimas.
Para proporcionar medidas de protección ás mulleres vítimas, 16 delas contan co Servizo Telefónico de Atención e Protección (ATEMPRO), que ofrece unha atención inmediata as 24 horas do día, os 365 días do ano. Ademais, dous casos en Redondela contan co sistema COMETA, que permite xeolocalizar de forma telemática tanto ao agresor como á vítima para garantir o cumprimento da orde de afastamento imposta.
As autoridades lembran que existen dous teléfonos de axuda e información ás vítimas de violencia machista: o 016 e o 112, para ofrecer apoio e asistencia en casos de emerxencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60