A dirección local do BNG fai un chamamento a concentrar o voto do cambio na candidatura nacionalista, destacando a importancia do voto das xentes de esquerdas, progresistas, ecoloxistas, feministas, soberanistas e galeguistas da Louriña para facer presidenta a Ana Pontón. Apostar polo BNG é a maneira de lograr o cambio, subliñando que cada voto conta para conseguir este obxectivo.
Marcelo Rodríguez, responsábel local do Bloque, sinalou que ningún voto do cambio pode quedar na casa ou perderse en opcións con reducidas posibilidades de obter representación. Destacou as altas expectativas que o BNG ten postas na localidade, lembrando os resultados por riba da media obtidos en 2020.
As claves do cambio galego pasan por concentrar o voto no BNG, a única forza con capacidade para derrotar o PP. Rodríguez destacou as dúas alternativas nas eleccións do 18F: un goberno do PP co candidato Rueda, que representa un proxecto esgotado, ou un goberno liderado polo BNG, coas mans libres para poñer en marcha unha Galiza mellor.
Ademais, o BNG organiza un acto público no Porriño o luns 12 de febreiro ás 20h no Centro Cívico, coas intervencións de Pedro Pereira, Cristina Fernández Davila e Rocío Barreiro Rodríguez, candidatos polo BNG en Pontevedra.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141