A Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca) emitiu unha alerta ao Concello de Vigo sobre a acumulación de toneladas de xabre na zona do monte Cotogrande, en Cabral. Neste lugar atópase a parcela onde se desenvolve o programa Verdear da asociación de loita contra a droga Alborada.
Estes recheos veñen acontecendo dende tempo atrás, pero nas últimas semanas detectouse un notable incremento deles, sen que na área afectada se aprecie indicación algunha sobre a existencia de licenza para a súa execución.
![[Img #86936]](https://xornal21.com/upload/images/02_2024/691_recheos-monte-cotogrande-cabral-3.jpg)
Aveeca sospeita que se trata dunha nova actuación irregular relacionada coa Comunidade de Montes en Man Común Santa Mariña de Cabral, á que denunciou de xeito reiterado por actuar sen permisos e sen considerar criterios de seguridade, medioambientais ou urbanísticos.
No escrito dirixido ao Concello, Aveeca alerta de que estase modificando a rasante e o estado natural da zona afectada, e amosa preocupación polo feito de que xusto ao lado das verteduras hai unha torre de alta tensión, o que pode incrementar a perigosidade dos recheos.
A solicitude específica ao Concello é que, no caso de confirmarse a falta de licenza para os traballos, se tomen as medidas necesarias para paralizalos e devolver a contorna ao seu estado orixinal.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58