O ROSAL
O Rosal mellora o firme en case 12.000 m2 de camiños
O Concello investiu 140.000 euros na reparación de infraestruturas que sufriran importantes danos tras as recorrentes inundacións
O Concello do Rosal segue dando pasos no seu programa de intervencións nos camiños rurais co remate de novas obras de mellora en diferentes infraestruturas que sufriran importantes danos tras as recorrentes inundacións do pasado inverno. Unhas obras que, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, buscaban “mellorar a realidade e aumentar a comodidade e seguridade viaria en tres camiños nos que as fortes choivas ocasionaron importantes estragos ao tempo que realizamos novos labores de mantemento, como a renovación do pavimento, deteriorado nalgunhas zonas”.
Nesta ocasión, o Concello reparou case 12.000 metros cadrados nos camiños de Canas e Morraceira e nunha parte da Estrada de Couselo dende o cruce entre o camiño Barriños e o camiño Couselo de Abaixo ata o camiño Vilariños, en Fornelos. Os traballos supuxeron un investimento de 140.000 euros financiados a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a reparación de danos causados polas intensas choivas de decembro de 2022, que causaron grandes danos en bens, equipamentos, infraestruturas e instalacións municipais.
A través destes traballos procedeuse a reparar as zonas que presentaban deterioro e que podían afectar á seguridade da circulación do tráfico rodado, renovando a superficie da calzade e mellorando as súas características funcionais, así como a súa durabilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129