Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 13 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Concello do Porriño contratará 17 novos/as traballadores/as grazas ao Plan +Provincia

O Concello do Porriño ampliará o seu cadro de persoal con 17 novos/as traballadores/as grazas ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. A administración local recibirá unha subvención de 211.000 euros do ente provincial para a contratación de persoas desempregadas, aprobada recentemente na súa Xunta de Goberno.

 

 

Estas novas contratacións, que representan o 72,30 % do orzamento total, abranguerán diferentes áreas municipais, incluíndo peóns forestais, conserxes, peóns de obras públicas, analista de xestión, publicista, auxiliar de enfermería, oficiais de albanelería, soldador e carpintería.

 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou que estas novas incorporacións permitirán mellorar os servizos municipais e dar unha mellor resposta ás necesidades dos cidadáns. As persoas interesadas deben estar inscritas no Servizo Público de Emprego, que realizará a preselección dos candidatos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.