PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Abre o prazo para que entidades sociais soliciten actuacións centradas nos colectivos en risco de vulnerabilidade
A Deputación de Pontevedra abre este venres, 16 de febreiro, o prazo para solicitar a liña de subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro que desexen realizar intervencións centradas nos colectivos en risco de vulnerabilidade social. Esta iniciativa, dotada con 470.000 euros, busca financiar actividades que melloren a calidade de vida e promovan a integración das persoas que se atopan en situación de desvantaxe e vulnerabilidade.
As subvencións, cun máximo de 7.000 euros por proxecto, están dirixidas a entidades de iniciativa social con sede ou delegación na provincia de Pontevedra. Entre as actuacións subvencionables atopanse proxectos, programas ou actividades de promoción e inserción social, así como a prestación de servizos sociais.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto durante 20 días hábiles e as mesmas deberán realizarse obrigatoriamente a través da Sede electrónica da Deputación. Os solicitantes deberán acompañar as súas propostas dun proxecto descritivo que inclúa información detallada sobre a actividade proposta, obxectivos, beneficiarios, metodoloxía, recursos e impacto social estimado, entre outros aspectos.
Esta liña de axudas pon de manifesto o compromiso da Deputación de Pontevedra co benestar e a integración dos colectivos máis vulnerables da nosa sociedade, contribuíndo así á construción dunha comunidade máis inclusiva e xusta para todos os seus cidadáns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60