Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 14 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Entroido volverá ao Porriño o 24 e 25 de febreiro

O Concello do Porriño anuncia a reprogramación das festividades do Entroido, que foron adiadas debido ás inclemencias meteorolóxicas. As datas fixadas son os días 24 e 25 de febreiro, onde se retomarán os eventos con horarios inalterados e o pregón a cargo de AFAGA dará o pistoletazo de saída.

 

 

O desfile de comparsas terá lugar o sábado 24, seguido do emotivo enterro da sardiña no domingo 25, onde as rúas da vila se encherán de luto para despedir a festividade ata o ano seguinte.

 

O sábado 24, o pregón de Afaga Alzhéimer dará comezo á festa, seguido do desfile de comparsas ás 18:00 horas desde o pavillón municipal. A programación manterase igual que a prevista, agás polo concerto dos Gin Tonic´s, que será substituído por Los Coleguitas.

 

O domingo 25, manterase a mesma programación coa celebración do velorio e enterramento da Sardiña, xunto coa actuación da Turre´s Band como peche das festividades.

 

O Concello do Porriño agradece a todas as comparsas, grupos musicais e de animación a súa colaboración e disposición para que o Entroido, aínda que adiado uns días, sexa celebrado con todo o esplendor.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.