Xornal21.es
Jueves, 15 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
DEPORTES
Presentouse o Campionato Xunta de Galicia de Trail Running
Esta semana ven de presentouse en Muros o Campionato de Galicia de Trailrunning na modalidade “classic” que se desputará tanto en competición individual como de clubs.
O acto foi presidido pola alcaldesa de Muros, María Lago; o concelleiro de deportes, Damián Torea; a directiva da FGA Esther Pedrosa así como os responsables do club organizador Serres Runners: Paula Cernadas, Félix Rebollido e Mónica Rodríguez.
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN
O III Trail Cova da Bruxa vai camiño dos mil inscritos, se ben este luns se anunciaba en roda de prensa que se superaban os 900, as inscricións seguirán abertas ata o mércores.
Esta situación é todo un éxito para a comarca muradá, o atletismo galego e máis na especialidade do trail running.
A competición desputarase na modalidade classic, tanto campionato como as probas abertas do evento e contará tamén con andaina popular e probas escolares. Os percorridos de campionato serán os seguintes:
• 23k e +1300 Campionato de Clubs e Individual Sub 23, Absoluto e Master.
• 15k + 690 Campionato Individual Sub 20
• 8k +450 Campionato Individual Sub 18 e Sub 16
SELECCIÓN GALEGA
Tódolos mellores corredores da especialidade daranse cita no evento, o cal nos deparará unha competición intensa e vibrante ata a propia liña de meta.
Será a última proba puntuable para o campionato de España na cal están en xogo as 26 prazas da selección galega, atendendo ó ranking galego, sen ningún corredor ou corredora clasificado matemáticamente (pódese consultar en www.trailrunning.gal)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60