A alcaldesa felicita ao Club Natación Mos, cuxos nadadores e nadadoras acumulan un total de 20 medallas nas últimas competicións disputadas. Entre eles atópase o internacional paralímpico Juan Ferrón.
Eva Martínez, Antía Hermida e Carolina Pereiro participarán a semana que vén no Campionato de España Junior e Absoluto Open de Inverno en Sabadell.
![[Img #86989]](https://xornal21.com/upload/images/02_2024/3793_dsc_0458.jpg)
Marcos Garabatos acaba de ser convocado pola Federación Galega de Natación para formar parte da Selección que representará a Galicia no Campionato de España por Comunidades Autónomas de categoría Alevín.
Mos, 13 de febreiro de 2024.- A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Deportes mosense, Feli Rodríguez, achegáronse esta tarde ata a Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro para felicitar aos nadadores e nadadoras do Club Natación Mos que conseguiron medallas nos campionatos Galego Junior e Absoluto de Inverno, Galego Alevín de Inverno, Campionato Madrileño Absoluto de Inverno e Trofeo Internacional Ciudad de Barcelona. Así como despedir e desexarlle a maior das sortes ás nadadoras que a próxima semana, do 21-25 febreiro, disputarán o Campionato de España de Natación Junior en Sabadell.
As representantes municipais, Arévalo e Rodríguez, destacaron o papel xogado para conquerir estes logros deportivos dos adestradores Alberto “Xouba” Pereira e Natalia Silva.
No Campionato Galego Alevín de Inverno celebrado en Lugo o pasados 10 e 11 febreiro participaron 9 nadadores: 5 en categoría masculina (Marcos Garabatos, Martin Paramos, Gorka Soto, Daniel Pardavila y Oier Fernández) e 4 en Categoría feminina (Ada Barros, Valeria Garrido, Nahia Fernández y Aroa Carrera). Logrando un palmarés de 7 medallas: Marcos Garabatos: Ouro en 50Libre, Prata en 100Libre e 50 Mariposa, Bronce en 200Libre, Ada Barros: Ouro en 50 Libre e Prata 100 libre e 50 espalda. Tamén foi moi salientable a actuación do resto de integrantes do club que melloraron as súas marcas en todas as probas logrando o Club Natación Mos a 9ª posición na categoría conxunta.
Marcos Garabatos acaba de ser convocado, tra-los seus exitosos resultados no Campionato Galego, pola Federación Galega de Natación para formar parte da Selección que representará a Galicia no Campionato de España por Comunidades Autónomas de categoría Alevín que terá lugar en Los Barrios (Cádiz) do 8 ao 10 de marzo.
No Campionato Galego JUNIOR ABSOLUTO INVERNO celebrado en Lugo do 28 ao 30 de decembro lograron 11 medallas cos seguintes resultados: Feminino: Carolina Pereiro (Junior 08): ouro en 50Braza, 100 Braza e 200Braza. E 6ª en 50Libres. Antía Hermida (Junior 2008): ouro en 50Mariposa, prata en 100Crol, bronce en 100Mariposa e 7ª en 50Libres. Eva Martínez (Junior 2008): prata en 50Espalda, 50Libre e 100Libre. Noa Salgueiriño (Junior 2008): 4ª en 50Libres, 5ª 200Libres, 5ª 100Libres, e 8ª 50Braza. Relevos: prata en 4x100Estilos Junior, bronce en 4x100Libre Junior, 7° 4x200Libre Junior, 7° 4x50Estilos Absoluto, 13° 4x50Libre Absoluto. Masculino: Daniel Justo (Junior 2008): 6° en 50Braza. Oskar Beltrán (Absoluto): 32° en 50Braza e 41° en 50Mariposa. E Juan Ferrón (Absoluto): 17° 100Mariposa, 17° 50Mariposa, 19° 400Libre e 39° 100Libre.
Por outra banda no acto de onte destacouse o percorrido deportivo de JUAN FERRÓN que vén de participar no Campionato Madrileño de Natación Absoluto e no Trofeo Internacional Cidade de Barcelona. No CAMPIONATO MADRILEÑO DE NATACIÓN ABSOLUTO foi: ouro en 100Mariposa logrando clasificarse para o CAMPIONATO DE EUROPA DE NATACIÓN ADAPTADA, e sendo o 2º mellor nadador do campionato na clasificación de multidiscapacidade. E no TROFEO INTERNACIONAL CIUDAD DE BARCELONA: nos 100 mariposa rompeu a BARREIRA DO MINUTO (59”11) para colocarse con opcións de obter CLASIFICACIÓN A PARIS e nos 400 libre volveu a establecer unha MELLOR MARCA PERSOAL. En ambas pobas foi SUBCAMPION NA CATEGORÍA S-13 (discapacidade visual grave) e CUARTO na CLASIFICACIÓN POR MULTIDISCAPADIDADE.
Por último durante a visita a rexedora local mosense e a edil de Deportes, desexáronlle moita sorte ás nadadoras que participarán no PRÓXIMO CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR E ABSOLUTO OPEN DE INVERNO do 21 ao 25 de febreiro en Sabadell. Son Eva Martínez que competirá en 50 e 100 Espalda. Carolina Pereiro competirá en 50 e 100 Braza. E Antía Hermida competirá en 50 Mariposa.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20