Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Fabiola García anuncia que 887 veciños Condado e A Paradanta xa se benefician dos Bonos Coidado

A conselleira de Política Social e candidata do PP pola provincia da Coruña pon en valor “as amplas accións e investimentos sociais” do Goberno galego nun encontro con maiores en Ponteareas

A conselleira de Política Social e Xuventude e candidata do PP pola provincia da Coruña, Fabiola García, vén de anunciar que un total de 887 veciños das comarcas do Condado e A Paradanta xa se están a beneficiar, desde o pasado mes de xaneiro, dos Bonos Coidado nas modalidades de Residencia e Fogar grazas a unha achega anual de 3,61 millóns de euros da Xunta de Galicia.

 

 

A titular autonómica deu a coñecer as primeiras cifras de beneficiarios nun encontro con maiores celebrado en Ponteareas, no que detallou que hai 672 veciños das bisbarras que reciben a axuda polo coidado no fogar, cifrada nunha achega anual individual de 5.000 euros, e 215 que xa contan co bono para colaborar no pago da praza da residencia, que se situa en 1.200 euros por exercicio.

 

Fabiola García puxo en valor “as amplas accións e investimentos sociais” impulsados polo Partido Popular desde a Xunta e ademais anunciou que “sempre estamos ampliando os orzamentos, implementando as medidas existentes e incorporando novas actuacións, como os novos Bonos Coidado, para dar cada vez unha mellor cobertura aos cativos, as familias, os maiores, os dependentes e as persoas en risco de exclusión”.

 

“Somos o partido que máis e mellor atende ás persoas que máis o necesitan e creo que é algo de xustiza e que, no caso destes nove municipios interiores do Condado e A Paradanta, ten unha gran importancia porque hai bastante  poboación envellecida e que precisa da nosa colaboración e queremos ofrecerlles o máximo para que teñan a mellor calidade de vida”, manifestou a conselleira.

 

 

Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, que agradeceu o apoio que sempre lle presta Fabiola García, destacou a colaboración que está a prestar, ano a ano, a Xunta de Galicia para o “bo funcionamento” dos Servizos Sociais de Ponteareas, xa que lle transferíu 3.796.003 euros para estas atencións, que beneficiaron a 566 veciños, no último exercicio e ten comprometidos a maiores 618.535 euros para a construción da nova escola infantil, cuxas obras comezarán no verán.

 

Así, o Goberno galego fai unha achega de 784.656 euros anuais para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que ten 65.388 horas anuais asignadas para o coidado de 82 usuarios. Ademais, a Xunta tamén sufraga 1.355.000 euros para os 290 beneficiarios dos bonos coidado, aporta 122.700 euros para o desenvolvemento do Plan Concertado, 1.033.035 euros para a gratuidade das 194 prazas das tres escolas infantís e 500.612 euros para acción de inclusión social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.