Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

A comparsa “Terra dos Mil Segredos” da Asociación Cultural O Borraliño gañadora do Entroido Tui

Miles de persoas ateigaron as rúas novas da cidade

Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas novas de Tui para gozar coa creatividade, o corido, o humor, a imaxinación… das 12 comparsas participantes no Desfile-Concurso de Entroido en Tui.

 

 

A comparsa da Asociación Cultural “O Borraliño” de Soutelo de Salceda con “Terra dos mil segredos” foi a gañadora na categoría xeral e tamén en carrozas no desfile-concurso.  A catedral de Santiago, cunchas de peregrino, pementos de padrón, polbo, ou cervexa galega formaron parte da súa representación de Entroido.

 

Na categoría absoluta o segundo premio correspondeu á charanga Cantos Somos con “Cantos Somos…O Mercado Gourmet” cunha parodia do estado actual do mercado de abastos de Tui, na que non faltaron os distintos postos, as obras…

 

O terceiro premio correspondeu á Asociación Cultural de Mañufe de Gondomar con “Bauhaus, fantasía racional” cunha representación  da escola de arte e arquitectura Bauhaus fundada en 1919. Foron amais os gañadores do segundo premio en carrozas.

 

Mentres o cuarto premio correspondeu á Asociación Cultural de Pontellas con “A natureza e a súa maxia” que presentaron á raíña Titania e as tres Ondinas, fadas protectoras dos recursos naturais coa súa maxia.

 

En carrozas amais do primeiro premio para “Galicia é a terra dos mil segredos” e os segundo para “Bauhaus, fantasía racional”, o terceiro premio correspondeu á “Fantasía da Flor de Loto” da Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño que se inspirou na Flor de Loto e na cultura e tradición tailandesea. O cuarto premio en carrozas foi para Pop Art Andy da Asociacion Os da Casa de Vigo que representou o traballo e as obras de Andy Warhol.

 

O xurado optou por deixar deserto o premio na categoría de Fantasía. Outorgou amais un Premio especial para a Asociación Cultural de Pontellas coa comparsa “A natureza e a súa maxia” por favorecer a participación de persoas con discapacidade.

 

Tamén participaron a asociación cultural “Arume” de Malvas con “as Fochancas da Panorámica de Tui”; o grupo Scouts Aloia con “Case Nunca Máis”; a Asociación do Centro Cultural Parada do Miñor de Nigrán con “Os Camaleónicos”; a Asociación Cultural Comparsa Os Choqueiros de Redondela con “Os Choqueiros A Nosa Tribu”; a Asociación A Pandilla de Pontecaldelas con “La pandilla en Las Vegas”;  a Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei redendo unha homenaxe ás forzas armadas.

 

Mentres o xurado deliberou amenizou a espera o grupo Unión y Fuerza. O Entroido despedirase o próximo domingo co Enterro do Bacallau que sairá ás 19.30 h da praza de San Fernando.



Premios Desfile-Concurso de Entroido


Categoría Absoluta
1º.- Terra dos mil segredos da Asociación Cultural O Borralliño de Soutelo de Salceda de Caselas
2º.- Cantos Somos… O mercado gourmet da Charanga Cantos Somos de Tui
3º.- Bauhaus, Fantasía Racional da Asociación Cultural de Mañufe de Gondomar
4º A Natureza a súa maxia da Asociación Cultural de Pontellas do Porriño

Carrozas
1º.- Terra dos mil segredos da Asociación Cultural O Borralliño de Soutelo de Salceda de Caselas
2º.- Bauhaus, Fantasía Racional da Asociación Cultural de Mañufe de Gondomar
3º.- Fantasía da Flor de Loto da Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño
4º.- Pop Art Andy da Asociacion Os da Casa de Vigo

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.