MUNDO EMPRESA
Lorenzana salienta o nivel de sustentabilidade, innovación e internacionalización que xa acada a industria galega
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou esta semana a planta de madeira do Grupo Malasa
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou nesta semana a planta de madeira do Grupo Malasa onde puxo de relevo o nivel de sustentabilidade, innovación e internacionalización que xa acada a industria galega.
Na visita, Lorenzana enxalzou as empresas que apostan por crecer en Galicia e por crear emprego e benestar para os galegos e galegas. Demostran, dixo, que “desde Galicia se pode facer unha industria moderna, unha industria 4.0 e unha industria que xera economía e coñecemento”.
A conselleira puxo de relevo os datos de produción industrial na Comunidade porque “por primeira vez” Galicia “despunta” da media nacional, abondou, ao crecer 2 puntos en 2023 mentres que no conxunto do Estado se rexistrou un descenso do 0,8%. Do mesmo xeito, tamén se referiu ao emprego industrial, que supera en dous puntos ao promedio estatal, lembrou.
Sobre o Grupo Malasa, eloxiou a aposta que está a facer para ser practicamente autosuficiente a partir da fotovoltaica e a biomasa. Tamén a súa diversificación de mercados e visión internacional, dixo, porque desde Galicia comercializa os seus produtos en Europa, Asia e, máis recentemente, no mercado americano coa súa filial en México. É unha empresa da que remarcou que, dos 1.000 postos de traballo que xera, 800 están en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129