Lunes, 22 de Junio de 2026

Actualizada Lunes, 22 de Junio de 2026 a las 20:44:45 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 14 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

Rueda en Mos subliña a "ilusión por seguir acompañando aos galegos no camiño"

Hoxe, nun mitin en Mos no que tamén participaron a candidata pola provincia de Pontevedra Felisa Rodríguez e a alcaldesa Nidia Arévalo

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, subliñou hoxe a súa ilusión por seguir acompañando aos galegos no camiño cara a Galicia da próxima década reivindicando que ama e respecta a nosa Comunidade tal e como é, sen necesidade de cambiala por nada.

 

 

O líder dos populares aposta por unha vitoria que permita a Galicia ter un goberno que merece: con ilusión, con experiencia e ao servizo de todos os galegos sen excepción. De aí que afirmase que o 18 de febreiro todos os galegos deben ter claro que o que se escolle é o camiño para os próximos entre, chamándoos a escoller a papeleta do PPdeG e con ela a da unidade, as solucións e a experiencia fronte á ruptura, as liortas, o partidismo e os nacionalismos.

 

Animou así aos seus a afrontar estes últimos días de campaña pedindo ata o último voto con confianza pero sen confiarse, con optimismo, con orgullo polo feito e coa esperanza polo que queda por facer para que Galicia siga funcionando.

 

E nesa Galicia que funciona xoga e seguirá xogando un papel moi importante o concello de Mos, xa que contará co complexo sociosanitario do Rebullón e cun dos primeiros centros públicos de coidados intermedios. Comprometeuse ademais a atraer novos investimentos que creen riqueza e emprego, como a Factoría do Deporte Galego, e a apostar pola vivenda pública con 20 novas que se van construír en San Eleuterio.

 

Do mesmo xeito, Rueda quere seguir vertebrando o territorio e neste sentido amosouse contrario a que a AP-9 non siga sendo a autoestrada de titularidade estatal máis cara de España, xunto coa AP-53.

 

Concluíu facendo un chamamento a que este domingo os galegos aposten pola Galicia orgullosa de si mesma e do que é dentro de España, a Galicia unida con sitio para todos, a Galicia próspera e con oportunidades. A Galicia, en definitiva, que funciona e que debe seguir funcionando.

 

ARÉVALO: “MOS TEN QUE DEVOLVER A RUEDA O APOIO QUE SEMPRE NOS DEU”

 

[Img #87036]

 

Pola súa banda, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradeceu a “gran afluencia de persoas e o gran traballo que sempre desenvolve para que así sexa o equipo do comité local dos populares de Mos”. Destacou, así mesmo, a importancia de “que Alfonso Rueda siga a ser o presidente da Xunta, para continuar cun presidente libre que prima e promove o modelo Galicia fronte ás minorías e chantaxes do modelo Sánchez. Un ‘modelo Galicia’ que que nos fai punteiros en sanidade, educación, transformación e sentidiño”.

 

A rexedora puxo en valor "a transformación e o cambio" que experimentou Mos nos últimos tempos "grazas aos elevados investimentos" impulsados polo PP desde a Xunta. “No 2005 atopei en Feijóo o mellor aliado para defender Mos e aí xa estaba Alfonso Rueda. En 2009 desaloxamos o bipartidismo de Galicia e de Mos, e o noso concello comezou o despegue para converterse no territorio de oportunidades que hoxe é, cun PXOM aprobado en 2017, co macrocentro sociosanitario do Rebullón que será pioneiro en España en desenvolvemento e tantos outros proxectos de presente e de futuro”.

 

[Img #87038]

 

“Por iso mediante o voto útil, o voto para Mos, debemos devolverlle a Alfonso Rueda todo o apoio que lle outorgou ao noso concello. Porque en fronte só hai mentira e oportunismo. Porque Galicia perde cos nacionalistas e os socialistas, sen embargo sabemos que con Rueda Galicia funciona", concluíu Arévalo, poñendo en valor tamén á candidata mosense Feli Rodríguez, da parroquia de Tameiga, que é tamén concelleira do equipo de goberno local e que “xa demostrou nesta lexislatura a súa defensa de Mos por riba de todo como deputada autonómica”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.