Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 16 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

A Xunta aproba o proxecto de trazado do treito da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás

O novo treito comezará cun enlace no punto quilométrico 3+790 da PO-350 e avanzará en dirección A Guarda ata o punto 59+860 da PO-552, na glorieta de Estás

O Consello da Xunta deulle luz verde ao proxecto de trazado do treito da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás, no concello de Tomiño, que suporá un investimento autonómico de máis de 78 M€.

 

 

Trátase dun novo tramo da autovía Tui-A Guarda, que avanza así polo concello de Tomiño, mellorando a mobilidade da comarca do Baixo Miño.

 

Este treito de novo trazado comezará no punto 3+790 da estrada PO-350 e rematará no punto quilométrico 59+860 da PO-552.

 

De xeito máis concreto, este novo tramo iniciarase nun enlace na PO-350, avanzará en dirección A Guarda, atravesará o val da Ponte en viaduto, chegará ao enlace da Ponte-Carregal, xirará á esquerda cara ao val do rego do Hospital e onde se atopa o terceiro dos enlaces que dá servizo ao Seixo.

 

Entre os puntos quilométricos 10+400 e 10+720 proxéctase o falso túnel de San Bieito, logo cruza o rego do Prego e conecta coa PO-552, no punto 59+860 mediante a glorieta de Estás.

 

No que se refire ás características técnicas, o proxecto contempla 4 enlaces para este tramo de autovía: o da PO-350, no punto 3+820 da vía de altas prestacións; o de Ponte-Carregal, no punto 6+580; o do Seixo, no 8+900; e unha glorieta en Estás na PO-552, no punto 11+960.

 

En relación ás estruturas previstas, proxéctanse 5 viadutos, do río Furnia, A Ponte, rego do Hospital, Tomiño e do rego do Pego; un falso túnel na zona de San Bieito, entre os puntos 10+400 e 10+720; 6 pasos superiores e 4 inferiores; e 3 muros de contención.

 

Na aprobación recóllense melloras significativas con respecto ao proxecto sometido a información pública, e tamén se incorporan as prescricións da declaración de impacto ambiental emitida en setembro de 2023. Realízanse modificacións para mellora da funcionalidade, para mellor accesibilidade de fincas e para reducir no posible afeccións.

 

Entre outras, deséñanse dous novos camiños de servizo, mellórase a permeabilidade transversal con dous novos pasos superiores e un paso inferior peonil, mellórase o enlace do Seixo para axudar a vertebrar a zona de dotacións deportivas e docentes e elimínase o semienlace da PO-344, pola forte afección que producía e a proximidade dos outros enlaces.

 

O Consello da Xunta, ademais de aprobar o novo proxecto, tamén deixou sen efecto o proxecto antigamente aprobado, liberando así a súa afección aos terreos da parte final do seu trazado no concello de Tomiño.

 

Agora mesmo están a piques de finalizar as obras de conexión entre os enlaces coa autovía A-55 e de Areas, que están en servizo, agás o ramal de entrada en sentido Portugal.

 

Ademais tamén se está a iniciar a redacción do proxecto do treito da autovía entre o enlace de Areas e a estrada PO-350, co obxectivo de prolongar a vía e duplicar o paso inferior de acceso ao polígono, de modo que dea funcionalidade a un enlace completo, tamén en sentido A Guarda.

 

Nas vindeiras semanas, ademais, prevese aprobar o proxecto de desdobramento da PO-552 entre Estás e Goián, para completar a autovía ata enlazar co treito 3, xa en servizo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.