PONTEAREAS
O PP de Ponteareas lembra á mocidade a importancia do seu apoio para continuar na senda do cremento
Os populares celebraron un acto no que participaron a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, a candidata pola provincia, Raquel Plana, a alcaldesa Nava Castro e o concelleiro Ricardo González
O Partido Popular de Ponteareas lembra á mocidade a importancia do seu apoio para continuar na senda do crecemento. Así o fixo saber nun acto sectorial, que se celebrou no marco das eleccións autonómicas, no que participaron a alcaldesa da vila, Nava Castro, a candidata pola provincia, Raquel Plana, o concelleiro Ricardo González e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.
No encontro, os populares amosaron o seu apoio ás necesidades e cuestións que resultan relevantes para a mocidade galega, unha parte da sociedade que resulta fundamental para o futuro de Galicia. É por iso que a candidata pola provincia, Raquel Plana, apuntou que “sodes o noso ben máis prezado e sabemos que debemos acompañarvos nas cuestións que necesitades como é o caso de mercar unha vivenda, iniciar unha idea de negocio ou mesmo cando decidades formar unha familia”.
Neste sentido, Plana sinalou que “así o entende o Partido Popular, sobre todo cando ten a posibilidade de xestionar os recursos públicos. Exemplo disto son as axudas ás persoas universitarias que queiran mellorar as súas competencias lingüísticas así como as axudas para o emprendemento e para a adquisición dunha vivenda”.
Insistiu en que “trátase de políticas, traballo e feitos, isto é, estabilidade, compromiso e sentidiño”.
Pola súa banda, o concelleiro Ricardo González, puxo en valor o traballo que se levou a cabo desde o goberno municipal co obxectivo de incentivar á mocidade e recoñeceu o labor dos mozos e das mozas de Ponteareas “que foron recoñecidos como o mellor proxecto de voluntariado interxeracional por parte da Xunta de Galicia, é unha mostra do compromiso, esforzo e traballo que os nosos veciños e veciñas amosan desde novos coa súa contorna”.
A alcaldesa, Nava Castro, lembrou que o Partido Popular sitúase ao carón dos mozos e das mozas e reivindicou as “medidas reais fronte ao fume que venden os nacionalistas”. Sinalou que “a xuventude sitúase ao carón do PP porque saben que, con nós, Galicia Rueda”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60