Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 18 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e Capcut

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e Capcut.

 

 

As accións formativas inícianse este luns, 19 de febreiro, ás 10:30 horas, con “Ciberseguridade, o pishing”. O obxectivo deste obradoiro, que será impartido polo experto universitario en robótica Manuel Freire, é dar a coñecer o pishing: a forma máis sinxela de ciberataque e, ao mesmo tempo, a máis perigosa e efectiva. Deste xeito preténdese divulgar as diferentes formas nas que esta técnica se pode presentar para poder identificala con eficacia e facerlle fronte.

 

Ademais deste obradoiro, a oferta formativa de SmartPeme para esta semana abrangue tamén  “Capcut II: crea os teus deseños en liña”, a cargo de Lara Taboada, titulada superior en ensinos artísticos de deseño gráfico. Este taller terá lugar o martes 20 de febreiro de 12:00 a 13:00 horas en el daranse a coñecer como deseñar con esta ferramenta  e tamén como usar os seus modelos para as publicacións en redes sociais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.