Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 18 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Palacete das Mendoza escenario da exposición “Pasión por la pintura” do pintor Luis Rivas

A Deputación de Pontevedra abre ao público este venres, 23 de febreiro, a exposición “Pasión por la pintura”, do artista pontevedrés Luis Rivas. Na mostra, o tamén ex futbolista profesional, fai a súa interpretación do vangardismo histórico e da clásica École de Paris cunha linguaxe propia. A exposición, que se poderá visitar ata o 10 de marzo, presenta pintura de base xeométrica a través de estruturas paisaxísticas arquitectónicas, construcións utilizadas en grandes espazos e un rico cromatismo para, deste xeito, renovar a mirada de artistas como Mondrian, De Chirico ou Léger.

 

 

Rivas comezou no mundo da pintura no estudio do pintor tamén pontevedrés Manuel Aramburu, actividade que complementou máis adiante nos corredores da facultade de Belas Artes, concretamente nas clases e nas materias das pinturas vangardistas de finais do século XIX e principios do XX, xunto co profesor Antón Castro. Tras pasar por unha primeira etapa figurativa e apuntar cara a abstracción e a cor, actualmente os seus traballos en óleo buscan a beleza, a harmonía en formas e espazos diferentes, sempre marcando unha linguaxe propia.

 

“Pasión por la pintura”, esta selección das obras de Luis Rivas que acollerá o Palacete das Mendoza, pode visitarse desde o venres 23 febreiro ata o 10 de marzo de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas e domingo de 10:00 a 14:00 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.