Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 17 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destinará 190.000 € para apoiar obras en galego e para a recuperación do patrimonio marítimo fluvial

Trátanse de dúas convocatorias dirixidas a entidades sen ánimo de lucro que distribuirán 100.000 € para a recuperación do patrimonio marítimo-fluvial orientado á promoción sociocultural e 90.000 € para a edición de obras en galego

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as bases de axudas por valor de 190.000 € para apoiar a entidades sen ánimo de lucro na edición de obras en galego de difusión cultural e para a recuperación do patrimonio marítimo fluvial.  Destes recursos, tal e como explicou o presidente provincial Luis López, 100.000 € irán dirixidos á recuperación do patrimonio marítimo fluvial orientado á promoción sociocultural e 90.000 € para a edición de obras en galego.

 

 

Os recursos destinados á recuperación do patrimonio marítimo fluvial permitirán financiar traballos de rehabilitación de embarcacións tradicionais, aparellos de pesca e outros elementos marítimos e construcións e instalacións en terra promovidos por entidades sen ánimo de lucro. Neste ámbito, o importe máximo por subvención é de 10.000 € e non superará o 80% do orzamento da actuación.

 

Pola súa banda, os recursos destinados ás entidades sen ánimo de lucro para a edición de obras en galego abranguen dende pezas en papel, ata audiovisuais, obras mixtas ou noutros formativos sempre que teñan por finalidade, tal e como detallou o presidente, “difundir traballos de interese para a cultura galega”. Neste caso subvencionarase ata o 70% do custo total das obras e non excederá os 3.500 € para publicacións en papel, 8.000 € para publicacións audiovisuais ou mixtas e 12.000 € para formatos especializados para persoas con diversidade funcional.

 

O prazo para solicitar as axudas, tanto as dirixidas ao patrimonio marítimo fluvial como as destinadas a obras en galego,  será dun mes a partir da publicación das bases de ámbalas dúas convocatorias no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.