Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 18 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

“Para min o proxecto Rumbo significa máis independencia e poder desenvolverme por min mesma”

Destaca á creación dunha rede de vivendas de transición experimentais, COGAMI habilitou dúas no concello de Mos, unha destas cedida polo Concello

COGAMI continúa co proxecto Rumbo, un modelo de apoio á autonomía persoal que pretende retrasar a institucionalización da persoa con discapacidade para que poida permanecer na súa contorna o máximo tempo posible. Despois dun ano de traxectoria, resultou ser positivo o balanzo deste programa, no que ademais de COGAMI participan outras 21 entidades máis procedentes de cinco comunidades autónomas.

 

 

Rumbo está dirixido principalmente a unha franxa de idade dende os 18 aos 65 anos, preferiblemente do rural e no que se ten en conta a perspectiva de xénero. Para favorecer a autonomía da persoa, o proxecto recolle diferentes accións como o uso de tecnoloxías experimentais, o paso por vivendas de transición, o apoio a través da asistencia persoal, intervencións nas vivendas das propias persoas para facilitarlles a súa estadía e tamén a busca de colaboracións entre as administracións públicas para crear unha rede de servizos de apoio integral á vida independente.

 

Con respecto á creación dunha rede de vivendas de transición experimentais, COGAMI habilitou dúas no concello de Mos, unha destas cedida polo Concello, e outras dúas no municipio de Lugo. Cunha estancia de seis meses, por estas catro vivendas pasaron 20 persoas con discapacidade que contaron co apoio de 11 asistentes persoais. Ana Novo é unha das persoas que viviu durante seis meses nunha das vivendas de Lugo. Esta moza de 31 anos do concello de As Nogais fala positivamente do seu paso por este proxecto porque “permíteme independizarme mellor e aprender a desenvolverme por min mesma”, expresa.

 

Ana nota diferenzas de convivir no montaña a estar na cidade. Vivir en Lugo permítelle estudar na escola de idiomas, pasear pola cidade, realizar xestións administrativas por si mesma, ir de compras, “fago todo o que non podo facer no rural porque non hai servizos ou quedan lonxe de onde eu vivo”. O programa Rumbo permítelle ter unha asistente persoal que lle presta apoio á hora de levantarse, durante o aseo e as comidas. “Por min podería seguir aquí dous anos máis, polo menos”, expresa.

 

A través do programa fixéronse 30 valoracións de persoas nos seus domicilios e realizáronse 6 intervencións de adecuación das vivendas para facilitar a permanencia da persoa na súa casa. Outras medidas que se puideron tomar foron a adquisición de 20 produtos de apoio, a implementación da tecnoloxía Vive Libre, ademais de deseñar e imprimir en impresora 3D un total de 37 produtos personalizados de baixo custo e adaptados ás necesidades das 12 persoas beneficiarias. Estes produtos permiten que a persoa consiga máis autonomía por si mesma e menos apoio dunha terceira persoa.

 

Outra das persoas usuarias do proxecto no municipio de Mos é Juan Manuel Carnero. “Este proxecto supón poder lograr independizarse unha persoa con discapacidade e, para min, unha experiencia para intentar ser máis independente, aínda que nalgunhas cousas preciso apoio doutra persoa como a hixiene persoal ou vestirme”, expresa Juan Manuel. Arestora vive cos pais pero sabe que, cando xa non estean, terá que seguir adiante sen eles, por iso non dubidou en formar parte do proxecto Rumbo. O seu paso por este programa resultoulle positivo porque “permite convivir con  persoas diferentes á túa familia e resultou ser unha experiencia moi positiva”.

 

Outras das accións que contempla o programa Rumbo é a realización de xuntanzas con diferentes administracións públicas, como as 12 realizadas, para sensibilizar e xestionar alianzas para o deseño da radiografía da vivenda accesible en Galicia.

 

Proxecto Rumbo

Rumbo é un modelo piloto de apoio á autonomía e coidado da persoa que arrancou a finais de 2022 e estenderase ata finais de 2024. Cunha participación de 61 persoas ata decembro de 2023, en COGAMI desenvólvese un servizo de adecuación e personalización de vivendas con obras de accesibilidade e coa cesión de produtos de apoio que faciliten a autonomía das persoas e a súa permanencia no fogar.

 

Ademais de COGAMI, outras entidades galegas representativas da discapacidade como son Aspace Galicia, Autismo Galicia e Fegadace, xunto a outras 18 entidades de Andalucía, Aragón, Cataluña e Castela e León vinculadas ás confederacións estatais do Terceiro Sector da discapacidade (COCEMFE, ASPACE, Impulsa-Igualdad, FEDACE e AUTISMO ESPAÑA), desenvolven este proxecto piloto que pretende retrasar a non desexada institucionalización da persoa e favorecer a permanencia na contorna familiar, social ou comunitaria.

 

Denominado `Rumbo: cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva´, este proxecto ten por obxectivo impulsar o deseño de modelos innovadores de apoio á autonomía persoal e á vida independente de persoas con discapacidade, especialmente as que presentan maiores necesidade de apoios. Coa combinación de servizos e recursos pódese facilitar unha forma de vida inclusiva en condicións de seguridade, accesibilidade e benestar.

 

O proxecto Rumbo está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno de España, e ligado aos fondos Next Generation da Unión Europea.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.