O Partido Popular conseguiría a súa quinta maioría absoluta consecutiva, segundo a enquisa de GAD3 para a CRTVG. Co 45,9 % dos votos, os de Alfonso Rueda obterían entre 39 e 40 escanos, cando hai catro anos tiña 42.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Ana Pontón subiría con forza, co 33 % dos votos. Conseguiría entre 25 e 26 deputados, cando en 2020 tiña 19.
Pola súa banda, os socialistas de José Ramón Gómez Besteiro, co 12,5 % dos votos, quedarían con 9 ou 10 escanos. Na actualidade tiñan 14.
Nin Vox (co 3,1 % dos votos) nin Sumar (co 2,5 %) obterían representación. En cambio, Democracia Ourensana, co 0,7 % dos votos, podería conseguir un representante no Hórreo.
Na Coruña, o PP tería 13 deputados (baixa un), o BNG 9 (2 máis) e o PSdeG 3 (1 menos). En Lugo, o PP tería 8 (un menos), o BNG 4 (un máis) e o PSdeG mantería os seus 2 representantes.
En Ourense, o PP conservaría os seus 8 deputados, o BNG subiría a 4 (tiña 3), o PSdeG quedaría con 1-2 (cando tiña 3) e Democracia Ourensana podería conseguir un ou ningún. En Pontevedra, o PP tería entre 10-11 deputados (agora ten 11), o BNG repuntaría a 8 ou 9 (agora ten 6) e o PSdeG quedaría con 3 (tiña 5).
Outras sondaxes
Diversas enquisas ofrecen un panorama da situación electoral en Galicia. Segundo a enquisa de Sondaxe realizada para La Voz de Galicia, o Partido Popular lograría 39 escanos, mentres que o BNG alcanzaría 25 e o PSdeG obtería 11. Ademais, considérase a posibilidade de que Democracia Ourensana consiga representación no Parlamento.
Pola outra banda, a enquisa realizada por Sigma Dos para El Mundo proxecta que o PP obtería entre 38 e 40 escanos, o BNG entre 24 e 25, e o PSdeG entre 10 e 12. Asimismo, pronostícase un escano para Democracia Ourensana.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129