Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Xornal21.es
Martes, 20 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

20 persoas reciben formación mentras traballan na segunda edición de “Porremprego Cualifica”

Impártense dúas áreas profesionais cunha importante demanda, a de Restauración e a de Tecnoloxías da información e comunicación na administración

A segunda edición do Obradoiro de emprego Porriño Cualifica xa está en marcha. Desde o pasado mes de decembro 20 persoas reciben formación á vez que traballan.

 


Para a posta en marcha deste programa dual de formación e emprego o Concello do Porriño recibiu unha achega de 560.000 euros da Xunta de Galicia, á cal se suman outros 25.000 euros de achega municipal.


En concreto estanse impartindo dúas áreas profesionais: Restauración e Tecnoloxías da información e comunicación na administración. En ambas, o alumnado-traballador amplía o seu currículo cunha formación que combina a teoría, a práctica e traballo real desenvolvendo actividades e servizos importantes tanto para o  Concello como administración, como en beneficio da comunidade.


“Durante un ano non só se formarán para recibir o seu certificado de profesionalidade, coas súas habilidades e capacidades contribuirán a mellorar os servizos municipais, axudarán a quen o precisa a través do comedor social, e desenvolverán un enorme traballo de xestión de documentación e arquivos”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.


O alumnado/traballador da rama de hostalería colaboran co Departamento de Servizos Sociais e outras entidades para establecer un servizo de comedor social que atenda a persoas usuarias do servizos sociais. Traballará tamén cos colexios para realizar almorzos saudables, elaborar menús variados poñendo en valor a importancia dunha educación alimenticia equilibrada entre os nenos e nenas dos centros educativos. Participará tamén noutros eventos e actos organizados polo Concello, ou xornadas de portas abertas para os hostaleiros da zona.


Pola súa banda, os/as alumnos/as da rama de Tecnoloxías da Información e Comunicación na Administración, comezarán coa recompilación de expedientes administrativos, a administración de Documentos Electrónicos e Expedientes Electrónicos, e co Tratamento dixital dos documentos que integran os expedientes, e almacenamento e xestión da documentación en formato dixital.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.