SALCEDA DE CASELAS
A alcaldesa de Salceda volve convocar o pleno para o xoves pola mañá
Os proveedores teñen pendente de cobrar 1.210.363,32€ que o Concello de Salceda lle adebeda, mentres continúan as loitas internas.
A falta de entendemento da alcaldesa de Salceda de Caselas , Dolores Castiñeira, tanto cos grupos da oposición (Partido Popular) coma cos seus socios coa que asinou un pacto de lexislatura (PSOE e BNG) está a sumir na parálise total a xestión municipal do Concello. Proba disto son os 1.210.363,32€ que o Concello de Salceda lle adebeda aos proveedores que suministran material e dan servizos e que levan un tempo sen cobrar agardando unha solución.
Todos os grupos deron plantón hoxe a alcaldesa pola convocatoria dun pleno en horario matinal.
A alcaldesa recórdalles ao PP, PSOE e BNG que “a convocatoria dos Plenos Extraordinarios é competencia de Alcaldía, non do Pleno” e advirte ao resto dos grupos que “a non celebración deste Pleno por falta de quorum fai que a convocatoria quede fixada automaticamente para o xoves á mesma hora”.
Dolores Castiñeira, líder de Movemento Salceda, goberna en minoría con catro concelleiros, e converteuse na alcaldesa co respaldo do PSOE e do BNG, grupos cos que non hai unha boa sintonía a raíz dos continuos desacordos que manifiestan publicamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141